Illa Peter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Peter, Illas Virxes Britanicas
Vista da illa
Peter Island 01.jpg
Datos
Capital
País Reino Unido
Localización Mar Caribe
Arquipélago
Linguas
Poboación (2009) Non Permanente
Superficie 7 km²
Densidade
Coordenadas 18°30′N 64°30′O / 18.500, -64.500
Maior Altura
Localización
Localización da illa

Illa Peter (inglés Peter Island) é unha illa no arquipélago das Illas Virxes Británicas no Caribe pertencentes a Reino Unido.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Illa Peter está situada no Mar Caribe uns 8 km ao suroeste da illa principal de Tórtola.

A illa é de orixe volcánico e ten unha superficie de aproximadamente 7 km².

A illa é de propiedade privada e non ten poboación permanente e é un centro turístico (resort).

A illa só se pode chegar por barco, o transbordador desde Tórtola dura uns 20 minutos.

Historia[editar | editar a fonte]

Illa Peter foi descuberta en 1493 por Cristovo Colón, durante a súa segunda viaxe ao Novo Mundo.

O nome vén de Pieter Adriensen, irmán de Abraham Adriensen, xerente da Compañía Holandesa das Indias Occidentais en 1600. Pieter e Joost van Dyk construíron un forte na illa para o comercio de escravos de Angola.

O Pirata Barbanegra, segundo a lenda, deixou morrer a 15 dos seus homes en Dead Chest Island mentres cantaba "Yo Ho Ho".

En 1672 a illa incorporouse á colonia británica de Antiga.

En 1773 converteuse con outras illas no territorio das Illas Virxes Británicas.

A finais de 1960 adquiriuse a maior parte da illa o millonario noruegués Torolf Smedvig que comezou a construír unha instalación turística. Logo da súa morte a finais de 1970 a illa foi mercada por unha compañía norteamericana e agora toda a illa é de propiedade privada.

O Turismo é a única fonte de ingresos da illa.