Illa Brabante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Illa Brabante
Ant-pen-map-Brabant.PNG
Localización da illa
Palmer archipelago, Antarctica.jpg
Mapa do Arquipélago Palmer
Situación
PaísAntártida Antártida, reinvindicada por Flag of Argentina.svg Arxentina, Flag of Chile.svg Chile e o Reino Unido Reino Unido
ArquipélagoArquipélago Palmer
MarMar de Bellingshausen , Océano Antártico
Coordenadas64°15′S 62°20′O / -64.250, -62.333Coordenadas: 64°15′S 62°20′O / -64.250, -62.333
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie976´8 km²
Longura máxima53 km.
Largura máxima25 km.
Punto máis alto2.522 m. Mount Parry
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A Illa Brabante é a segunda illa máis grande do Arquipélago Palmer no Territorio Antártico Británico, situada entre a Illa Anvers e a Illa Liège. A illa de Brabante ten 59 km de longo de norte a sur, 30 km de largo e elévase a 2.520 m en Mount Parry. O interior da illa está ocupado por dúas cordilleiras, Montañas Solvay (cume Cook, 1590 m) na súa parte máis meridional e as Montañas Stribog (cume Mount Parry) na súa parte central e setentrional.

Foi bautizada pola Expedición antártica belga (1897-1899) dirixida por Adrien de Gerlache, que a chamou así pola provincia de Bélxica de Brabante, en recoñecemento do apoio dado á expedición polos seus cidadáns.[1]

Un documento que resume a expedición dos Servizos Conxuntos de 1984-1985 describe á illa como "notoriamente inhóspita" e afirma que hai probas de só seis visitas entre o descubrimento en 1898 e 1984.[2] Membros da expedición invernaron alí en 1984-1985, e fixeron a primeira subida ao Mount Parry.

Mapas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Brabant Island". United States Gazetteer. Consultado o 2013-11-19. 
  2. "Joint Services Expedition to Brabant Island, Antarctica, 1984/85". The Geographical Journal. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Illa Brabante vista desde o nordés, coa illa Hoseason e a illa Liège no primeiro plano, e a illa Anvers (á dereita) e a península antártica no fondo.