Ilan Ramon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIlan Ramon

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(he) אילן רמון Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(he) אילן וולפרמן Editar o valor em Wikidata
20 de xuño de 1954 Editar o valor em Wikidata
Ramat Gan, Israel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de febreiro de 2003 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Texas, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaNahalal Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIsrael Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Tel Aviv
Israeli Air Force Flight Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónastronauta , militar , aviador , oficial Editar o valor em Wikidata
Período de actividadeagosto de 1972 Editar o valor em Wikidata - 1 de febreiro de 2003 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua hebrea Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarForza Aérea Israelí Editar o valor em Wikidata
Rango militarCoronel Editar o valor em Wikidata
ConflitoOperação Ópera (pt) Traducir, Guerra do Yom Kippur e Guerra do Líbano de 1982 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Tempo no espazo15 días, 22 horas e 20 minutos Editar o valor em Wikidata
Misión do astronauta
Familia
CónxuxeRona Ramon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAssaf Ramon (en) Traducir, Tal Ramon (pt) Traducir, Yiftach Ramon (en) Traducir, Noa Ramon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Wolferman-4 Find a Grave: 7135431 Editar o valor em Wikidata

Ilan Ramon (hebreo: אילן רמון, pronunciado iˈlan raˈmon), nado en Ramat Gan o 20 de xuño de 1954 e finado en Texas o 1 de febreiro de 2003[1], foi un coronel da Forza Aérea Israelí e astronauta da NASA.

Ramon foi especialista de carga no transbordador espacial STS-107, a misión do Columbia, na cal faleceu xunto a outros seis membros da tripulación durante o accidente de re-entrada na atmosfera terrestre. Tralo accidente foi condecorado a título póstumo nos Estados Unidos de América coa medalla de honra no espazo do Congreso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Ao nacer recibiu o nome de Ilan Wolferman. A pesar de nacer en Ramat Gan, Ilan pasou a súa infancia en Beersheba onde residían os seus pais. O seu pai, Eliezer Wolferman (1923–2006), era un xudeu alemán que logrou escapar da persecución nazi xunto a súa familia en 1935. A súa nai, Tonia (1929–2003), e a súa avoa eran orixinarias de Polonia e lograron sobrevivir ao Holocausto, tras pasar polo campo de concentración de Auschwitz. Emigraron a Israel en 1949.[2] O seu nome, Ilan, significa "árbore" en hebreo.[3] Mudou o seu apelido Wolferman cando se uniu á Forza Aérea de Israel.[4]

Ramon graduouse do instituto en 1972. En 1974 obtivo o título de piloto de combate na Escola de Voo da Forza Aérea Israelí.[4] En 1987, obtivo o seu título de enxeñeiro electrónico e da computación pola Universidade de Tel Aviv.[5]

Servizo e vida militar[editar | editar a fonte]

O F-16A Netz 243 que pilotou Ilan Ramon na Operación Ópera

Ilan Ramon alcanzou o rango de coronel (aluf mishne) e de piloto de combate da Forza Aérea Israelí, con miles de horas de experiencia en voo. Entre 1974 e 1976 participou nos adestramentos básicos e operacións co A-4 Skyhawk. Entre 19761980 pilotou o Mirage III-C. En 1980, como parte do equipo de establecemento do primeiro escuadrón de F-16 Fighting Falcon no seu país, participou nun curso de adestramento na Base Aérea de Hill en Utah. Entre 1981 e 1983, serviu como comandante do escuadrón B dos cazas F-16.[5]

En 1981 foi o piloto máis novo en participar na Operación Ópera, o ataque israelí contra o reactor nuclear Osiraq en Iraq, que estaba aínda en construción. As instalacións quedaron destruídas, nun ataque no que morreron dez soldados iraquís e un investigador francés.[6][7]

Tras asistir á Universidade de Tel Aviv, Ramon serviu no escuadrón 119 do exército do seu país, pilotando o F-4 Phantom (1988–90). Durante 1990, asistiu ao curso de comandantes de escuadrón. Entre 1990 e 1992, comandou o escuadrón 117, pilotando o caza F-16. En 1994, foi ascendido ao rango de coronel e nomeado director do Departamento de Operacións de Requirimentos para o Desenvolvemento e Adquisición de Armas, onde permaneceu ata 1998.

Ramon acumulou máis de 3 000 horas de voo nos A-4, Mirage III-C, e F-4, e máis de 1 000 horas no F-16.[8] Tamén serviu na guerra do Yom Kippur e na Operación Paz para Galilea.[9]

Experiencia na NASA[editar | editar a fonte]

Adestramentos en terra[editar | editar a fonte]

En 1997, Ramon foi escollido como especialista de carga. Recibiu adestramento para unha misión do transbordador espacial cunha carga que incluía unha cámara multiespectral para o rexistro de aerosois en zonas desérticas. En xulio de 1998 comezou o adestramento no Centro Espacial Johnson en Houston, onde permaneceu ata 2003. Participou na misión STS-107 e rexistrou 15 días, 22 horas e 20 minutos no espazo.

Misión STS-107 do transbordador espacial Columbia[editar | editar a fonte]

Ramon abordo do Columbia o 26 de xaneiro de 2003

A misión STS-107 do transbordador espacial Columbia desenvolveuse entre os días 16 de xaneiro e 1 de febreiro de 2003. Estivo adicada á ciencia e a investigación, e os seus tripulantes traballaron 24 horas ao día, en dúas quendas, nas que os astronautas lograron realizar aproximadamente 80 experimentos.

Aínda que Ramon se consideraba un xudeu secular, semella que seguiu as observancias xudías mentres estivo no espazo. Nunha entrevista afirmou:

Sendo o primeiro astronauta israelí, síntome como se estivese representando a todos os xudeus e a todos os israelís. Sou o fillo dunha sobrevivente do Holocausto, levo o sufrimento da xeración do Holocausto, e podería dicirse que sou a proba que a pesar de todo o horror que aconteceu, seguimos adiante.
Ilan Ramon [9]

Foi tamén o primeiro astronauta que pediu ter comida kosher.[9] Tamén pediu consello a un rabino sobre como seguir as observacións do shabbat no espazo, xa que o período entre os amañeceres na órbita é de aproximadamente 90 minutos. Este feito foi mencionado coa frase Xerusalén temos un problema no discurso que o rabino Konikov deu o 7 de febreiro de 2003 no Kennedy Space Center Memorial tras o accidente do Columbia.[10]

A misión STS-107 rematou de xeito abrupto cando o Columbia sufriu o accidente de reentrada na atmosfera terrestre e a súa tripulación morreu a tan só 16 minutos da hora de aterraxe establecida.

Diario[editar | editar a fonte]

37 páxinas do diario que Ramon escribiu mentres estivo no espazo sobreviviron ao accidente e foron devoltas a súa viúva, Rona, quen compartiu un fragmento co público israelí nunha mostra no Museo de Israel en Xerusalén.[11] Na mostra tan só se expuxeron dúas páxinas, unha contiña notas de Ilan, mentres que a outra era unha copia da oración Kiddush[11] O curador Yigal Zalmona[12] dixo que o diario fora restaurado parcialmente nun ano, e que precisaba de catro máis, para que os forenses descifraran o 80% do texto. Zalmona afirmou: {{cita|O diario sobreviviu ao extremo calor da explosión, ao frío extremo da atmosfera e despois "foi atacado por microorganismos e insectos. E case un milagre que sobrevivira – é incrible. Non hai 'explicación racional' de como foi recuperado mentres que a maior parte do transbordador non."[11] Ramon escribiu na súa última entrada no diario:

Hoxe é o primeiro día que sinto que realmente estou vivindo no espazo. Convertinme nun home que vive e traballa no espazo.

O diario esta escrito en tinta negra e lapis e abrangue os primeiros seis días da misión. Os papeis permaneceron de cor branca a pesar de estar expostos a altas velocidades a 60 km sobre a Terra, cando deberían ter ardido.[13]

Familia[editar | editar a fonte]

Ilan Ramon estaba casado e tiña catro fillos coa súa muller Rona. Todos eles estaban na Florida cando ocorreu o accidente.

Assaf Ramon[editar | editar a fonte]

O seu fillo máis vello, Assaf Ramon, morreu aos 21 anos durante un exercicio de adestramento en voo nun F-16A, 3 meses despois de graduarse na escola de voo da Forza Aérea de Israel como o primeiro da súa promoción.[14][15][16][17] Foi ascendido ao rango de capitán de xeito póstumo.[18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stone 2003, p. 10.
  2. "Israel's first astronaut - Ilan Ramon". Haaretz. 2 de abril de 2008. Consultado o 1 de setembro de 2011. 
  3. Mike Campbell. "Ilan". Behindthename.com. Consultado o 1 de setembro de 2011. 
  4. 4,0 4,1 "Ilan Ramon" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2018. Consultado o 29 de novembro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 "Payload Specialist Astronaut Bio: Ilan Ramon, National Aeronautics and Space Administration (NASA)". Jsc.nasa.gov. Consultado o 1 de setembro de 2011. 
  6. Service, Haaretz (1 de febreiro de 2003). "Astronaut Ilan Ramon's son dies in IAF crash, September 13, 2009". Haaretz. Consultado o 1 de setembro de 2011. 
  7. "Factfile: How Osirak was bombed". BBC News. 5 de xuño de 2006. Consultado o 5 de maio de 2010. 
  8. "Ibid". Jsc.nasa.gov. Consultado o 1 de setembro de 2011. 
  9. 9,0 9,1 9,2 "Ilan Ramon". jewishvitruallibrary.org (en inglés). Consultado o 30 de novembro de 2018. 
  10. Konikov, Zvi. "official website". Chabad.org. Consultado o 1 de setembro de 2011. 
  11. 11,0 11,1 11,2 Ohm, Shawna (3 de outubro de 2008). "Astronaut's diary goes on display in Jerusalem". Associate Press. Consultado o 23 de outubro de 2011. 
  12. "Photos of "miracle" diary '''here'''". yahoo.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2008. Consultado o 1 de setembro de 2011. 
  13. Toni O'Loughlin in Jerusalem (4 de outubro de 2008). "''The Guardian'' report of the diary that survived shuttle blast". London: Guardian. Consultado o 1 de setembro de 2011. 
  14. "Jet crash kills Israel hero's son". BBC News. 13 de setembro de 2009. Consultado o 1 de setembro de 2011. 
  15. Heller, Aron (31 de xaneiro de 2013). "Decade after shuttle disaster, Rona Ramon still trying to cope". The Times of Israel. Consultado o 1 de abril de 2015. 
  16. Death of Ilan Ramon's son, Asaf Ramon Arquivado 12 de setembro de 2017 en Wayback Machine. (hebreo)
  17. Sorcher, Sara (14 de setembro de 2009). "Israel Mourns Assaf Ramon, Astronaut's Son". abc news. Consultado o 1 de abril de 2015. 
  18. Boudreaux, Richard (14 de setembro de 2009). "Israel pilot Assaf Ramon, astronaut's son, dies in F-16 crash". Los Angeles Times. Consultado o 1 de abril de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]