Hil Kabashi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hil Kabashi
Kabashi.jpg
Kabashi xunto coa súa irmá Marta
Bispo da Igrexa Bizantina Albanesa (Igrexa Católica)
Biografía
Nacemento 19 de febreiro de 1941
Ordes
Ordenación sacerdotal 18 de maio de 1969
Consagración episcopal 6 de xaneiro de 1997, por Xoán Paulo II
Orde relixiosa Orde dos Freires Menores (dende o 1969)
Administrador Apostólico de Albania Meridional
Bispo titular de Turres in Byzacena
1996 - actualidade
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Hil Kabashi, nado o 19 de febreiro de 1941 en Prizren, Reino de Iugoslavia (hoxe Kosovo), é un relixioso franciscano e bispo católico, que dende 1996 exerce o cargo de Administrador apostólico de Albania Meridional, e que por tanto é cabeza da Igrexa Católica Bizantina Albanesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 18 de maio de 1969 Kabashi foi ordenado sacerdote na Orde dos Freires Menores (franciscanos). Exerceu o seu ministerio pastoral como capelán nos concellos bosnios de Bugojno e Bihać entre 1971 e 1976, e entre 1976 e 1979 en Gjakova, Kosovo.

Antes de ser destinado a Albania, Kabashi residiu en Stuttgart entre 1984 e 1997, onde dedicouse á atención pastoral dos emigrantes albaneses na Misión Católica Albanesa. Neses anos traduciu un grande número de himnos relixiosos ao albanés, que foron incluídos no libro de himnos publicados por el mesmo para a administración apostólica erixida no sur de Albania. Seguiu a manter vencellos con Alemaña, ao acompañar a mozos albaneses católicos en actividades pastorais.

Como bispo para Albania Meridional residiu inicialmente en Fier, onde construíu unha igrexa en 1999 que serviu para acoller de xeito temporal a albaneses de Kosovo. Denden 2008 a Administración apostólica ten a súa sé en Vlora.

Dentro da Conferencia dos Bispos Albaneses Kabashi é responsable de asuntos litúrxicos e en outubro de 2005 participou no Sínodo dos Bispos celebrado en Roma.


Dignidades da Igrexa Católica
Predecesor:
Ivan Dias
 
Bishopcoa.png

Administrador apostólico de Albania Meridional
 
1996 - actualidade
Sucesor:
(No cargo)