Pobo arbëreshë
Aparencia
| Pobo arbëreshë | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Os arbëreshë, tamén coñecidos como albaneses de Italia ou italo-albaneses, son un grupo etnolingüístico que habita no sur de Italia, principalmente concentrados en aldeas espalladas nas rexións de Puglia, Basilicata, Calabria, Campania, Molise e Sicilia.[1] Son descendentes na súa maioría dos tosks, que fuxiron de Morea entre os séculos XIV e XVIII despois do avance dos otománs nos Balcáns.
Durante a Idade Media, os arbëreshë instaláronse no Reino de Nápoles en varias ondas de migración, tras o estabelecemento do Reino de Albania, a morte do heroe nacional albanés Gjergj Kastrioti Skënderbeu e a paulatina conquista otomá do Imperio Bizantino.

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Minni, C. Dino; Ciampolini, Anna Foschi (1990). Writers in transition: the proceedings of the First National Conference of Italian-Canadian Writers. Guernica Editions. pp. 63–4. ISBN 978-0-920717-26-4. Consultado o 30 de setembro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo arbëreshë |