Igor Matovič
Igor Matovič | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 11 de maio de 1973 |
Lugar de nacemento | Borová |
Nacionalidade | Eslovaquia |
Alma máter | Universidade Comenius de Bratislava |
Ocupación | político |
Na rede | |
https://matovic.blog.sme.sk/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Igor Matovič, nado en Trnava o 11 de maio de 1973, é un político eslovaco que exerce como o antigo primeiro ministro de Eslovaquia.
Matovič fundou o movemento Xente Común (Obyčajní ľudia), de centro-dereita, que se presentou ás eleccións coa anticorrupción por bandeira. Foi elixido para o Consello Nacional en 2010 nas listas do partido Liberdade e Solidariedade. A súa campaña anticorrupción centrouse especialmente nos privilexios parlamentarios e os subornos.[1]
Foi reelixido en 2020 e o seu partido obtivo un número suficiente de escanos para formar un goberno de coalición con outros tres partidos de centro e dereita. O goberno que Matovič formou foi aceptado pola presidenta Zuzana Čaputová e foi nomeado primeiro ministro o 21 de marzo de 2020.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Inicios e mundo empresarial[editar | editar a fonte]
Igor Matovič naceu en Trnava o 11 de maio de 1973. En 1993 comezou a estudar na Facultade de Xestión da Universidade Comenius, graduándose en 1997. Fundou un negocio en 1997 e traballou como conselleiro delegado da editorial regionPRESS dende 2002 ata 2010. Máis tarde Matovič trasladou o negocio á súa muller, Pavlína.[2][3]
Carreira política[editar | editar a fonte]
En 2010 fundou o movemento cívico Xente Común (Obyčajní ľudia, OĽaNO), de centro dereita e que poñía énfase na anticorrupción. Matovič anunciou o movemento cívico mediante folletos gratuítos distribuídos pola compañía de prensa da súa familia.[3] Xunto con outros tres deputados de Xente Común, saíu elixido para o parlamento nas eleccións de 2010 na lista Liberdade e Solidariedade (SAS). Permaneceu no grupo do SaS ata febreiro do ano seguinte, cando a proposta do partido opositor Smer sobre a cidadanía múltiple.[4] A oposición de Matovič á posición do goberno levou ao abandono da coalición por parte do SaS. En 2011, o goberno de Iveta Radičová caeu, o que provocou novas eleccións en 2012. Liderado por Matovič, Xente Común foi reconstituído en OĽaNO (Xente Común e Personalidades Independentes), un partido político independente. OĽaNO obtivo o 8,55% dos votos e 16 escanos. Permaneceu na oposición porque non estaba disposto a traballar con Smer-SD.
Como líder de OĽaNO, Matovič chamou a atención facendo campañas contra a corrupción. Para denunciar a inmunidade parlamentaria, aparcou deliberadamente o seu coche nunha beirarrúa e mostrou o seu pase parlamentario á policía cando esta pretendía remolcalo, mentres que para opoñerse á corrupción, someteuse a unha proba de polígrafo para probar que nunca aceptara subornos.[5] Con todo, Robert Fico acusou a Matovič de falta de ética ao facer unha venda ficticia do negocio de regionPRESS por 122 millóns de coroas eslovacas ao empregado Pavel Vandák, que presuntamente obtivo o diñeiro dunha conta interna. Matovič negouno.[3]
Primeiro ministro de Eslovaquia[editar | editar a fonte]
O partido de Matovič, OĽaNO, obtivo nas eleccións parlamentarias eslovacas de 2020 53 escanos de 150 no Consello Nacional, co 25,02% dos votos.[6] A corrupción foi o gran tema das eleccións, o que axudou a Matovič, que se situaba dende había tempo como un activista anticorrupción.[7] O 13 de marzo Matovič anunciou que chegara a un acordo para unha coalición de goberno cos partidos de centro e dereita Somos Familia, Liberdade e Solidariedade e Para a Xente, aínda que non acordaran un programa de goberno común.[8] Matovič presentou o seu goberno á presidenta Zuzana Čaputová o 16 de marzo e esta aceptou todos os nomeamentos. A composición do novo gabinete foi revelada o 18 de marzo e xuraron os cargos o 21 de marzo de 2020.[9][10][11]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Slovakia president appoints centre-right coalition government". The Guardian (en castelán). 21 de marzo de 2020. ISSN 0261-3077. Consultado o 14 de maio de 2020.
- ↑ Kirschbaum, Stanislav J. (2013). Historical Dictionary of Slovakia (en inglés). Scarecrow Press. p. 213. ISBN 978-0-8108-8030-6.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Igor Matovič". Consultado o 14 de maio de 2020.
- ↑ "Coalition loses another MP" (en inglés). 10 de febreiro de 2011. Consultado o 14 de maio de 2020.
- ↑ "Slovakia's Matovic: Europe's Mr Ordinary prepares for power". BBC (en inglés). 4 de marzo de 2020. Consultado o 14 de maio de 2020.
- ↑ "Slovakia election: seismic shift as public anger ousts dominant Smer-SD party". The Guardian (en inglés). 1 de marzo de 2020. Consultado o 14 de maio de 2020.
- ↑ "Slovakia: the end of Smer’s rule, the triumph of Igor Matovič" (en inglés). Consultado o Slovakia: the end of Smer’s rule, the triumph of Igor Matovič.
- ↑ "Slovak election winner secures four-party coalition with cabinet deal" (en inglés). 13 de marzo de 2020. Consultado o 14 de maio de 2020.
- ↑ "Matovič predstaví ministrov zrejme až v stredu" (en eslovaco). 17 de marzo de 2020. Consultado o 14 de maio de 2020.
- ↑ "Nie Grendel, ministrom vnútra bude Mikulec. Matovič predstavil svoju vládu" (en eslovaco). 18 de marzo de 2020. Consultado o 14 de maio de 2020.
- ↑ "Igor Matovic sworn in as Slovakia's prime minister" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igor Matovič ![]() |