Peter Pellegrini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peter Pellegrini
Peter Pellegrini

Actualmente no cargo
Dende o 22 de marzo de 2018
Presidente Andrej Kiska
Zuzana Čaputová
Precedido por Robert Fico

Datos persoais
Nacemento 6 de outubro de 1975 (48 anos) Banská Bystrica
Checoslovaquia Checoslovaquia
Partido Dirección-Socialdemocracia
Pais Eslovaquia Eslovaquia
Profesión político

Na rede
Facebook: pellegrini.peter Twitter: pellegrinip_ Instagram: peter_pellegrini Youtube: UCdu0cvg_SvZ0px4-tSrB68g Editar o valor em Wikidata

Peter Pellegrini, nado en Banská Bystrica o 6 de outubro de 1975, é un político eslovaco que foi primeiro ministro de Eslovaquia dende 2018 ata 2020.

Antes foi vicepresidente e ministro de educación e ciencia, ademais de pasar dous anos como voceiro do Consello Nacional de Eslovaquia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Facultade de Económicas da Universidade Matej Bel e na Universidade Técnica de Košice, centrándose na banca, o investimento e por último as finanzas.[1] Entre 2002 e 2006 traballou como economista e posteriormente asesor do membro do Consello Nacional para a Privatización e Economía Ľubomír Vážny, apoiado por ĽS-HZDS, SNS e Smer-SD.[1]

Carreira política[editar | editar a fonte]

Nas eleccións parlamentarias de 2006 foi elixido deputado do Consello Nacional polo partido Dirección-Socialdemocracia. Nas eleccións de 2010 foi reelixido, e unha vez máis nas eleccións de 2012.[1]

Entre 2012 e o 3 de xullo de 2014 foi secretario de Estado de Facenda. Máis tarde converteuse en ministro de Educación e Ciencia.[2] O 25 de novembro de 2014, foi elixido voceiro do Consello Nacional, sucedendo a Pavol Paška.[2] En 2015 foi nomeado campión dixital de Eslovaquia, un cargo designado pola Unión Europea para promover os beneficios dunha sociedade dixital inclusiva.[3] Pellegrini converteuse en 2016 en viceprimeiro ministro para investimentos, durante o terceiro goberno de Robert Fico.[4]

Primeiro ministro de Eslovaquia[editar | editar a fonte]

Pellegrini reuniuse co presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, na Casa Branca

Pellegrini xurou como primeiro ministro de Eslovaquia despois de que o seu antecesor, Robert Fico, dimitise o 15 de marzo de 2018 tras o asasinato do xornalista Ján Kuciak.[5][6] O presidente Andrej Kiska aprobou o goberno de Pellegrini o 21 de marzo de 2018,[7] e 81 membros do Consello Nacional votaron a favor do goberno a semana seguinte.[8]

En abril de 2019, Pellegrini asumiu temporalmente o papel de ministro de finanzas cando Peter Kažimír marchou para converterse en gobernador do Banco Nacional de Eslovaquia.[9]

En setembro, tras negarse a destituír a unha viceministra sospeitosa de estar relacionada co asasinato de Kuciak, a oposición presentou unha moción de censura contra el. A moción non conseguiu os votos necesarios para destituír ao goberno.[10]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Pellegrini ten raíces italianas.[11] O seu bisavó Leopoldo Pellegrini foi ao Imperio Austrohúngaro para participar na construción do ferrocarril entre Levice e Zvolen. Despois decidiu instalarse en Lehôtka pod Brehmi, no distrito de Žiar nad Hronom, despois de namorarse dunha moza local, Maria Kunovská.[12][13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Biografía de Peter Pellegrini". www.globsec.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Novým predsedom parlamentu sa stal Peter Pellegrini". www.teraz.sk (en eslovaco). Consultado o 12 de novembro de 2019. 
  3. "Peter Pellegrini". www.digitalchampion.bg (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2019. Consultado o 12 de novembro de 2019. 
  4. "Biografía de Peter Pellegrini". www.vlada.gov.sk (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2019. 
  5. "El presidente eslovaco acepta la dimisión del primer ministro, Robert Fico". El País (en castelán). 15 de marzo de 2018. Consultado o 12 de novembro de 2019. 
  6. "Reshuffled Slovak Cabinet Takes Office, Easing Crisis After Journalist's Murder" (en inglés). 22 de marzo de 2018. Consultado o 12 de novembro de 2019. 
  7. "Kiska appoints Pellegrini cabinet" (en inglés). 22 de marzo de 2018. Consultado o 12 de novembro de 2019. 
  8. "New Slovak government wins confidence vote amid ongoing protests" (en inglés). 27 de marzo de 2018. Consultado o 12 de novembro de 2019. 
  9. "Slovak PM to head finance ministry temporarily after Kazimir leaves" (en inglés). 4 de abril de 2019. Consultado o 12 de novembro de 2019. 
  10. "El primer ministro de Eslovaquia supera la moción de censura pese a la presión contra su Gobierno" (en castelán). 17 de setembro de 2019. Consultado o 12 de novembro de 2019. 
  11. "Deputy prime minister for investments: Peter Pellegrini (Smer)" (en inglés). 22 de marzo de 2016. Consultado o 12 de novembro de 2019. 
  12. "Peter Pellegrini: Kdo je pravděpodobný nový slovenský premiér a proč má italské příjmení". www.reflex.cz (en eslovaco). Consultado o 12 de novembro de 2019. 
  13. "Chi è il nuovo primo ministro incaricato Peter Pellegrini". www.buongiornoslovacchia.sk (en italiano). 19 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2021. Consultado o 12 de novembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]