Saltar ao contido

Primeiro ministro de Eslovaquia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeiro ministro de Eslovaquia
Imaxe do emblema
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Nome orixinal
predseda vlády Slovenskej republiky (sk) Editar o valor en Wikidata
 Lista do elemento
 Residencia oficial
Implicados
 Titular
Robert Fico 25 de outubro de 2023 - 
Ján Čarnogurský 6 de maio de 1991 - 24 de xuño de 1992
Vladimír Mečiar 24 de xuño de 1992 - 14 de marzo de 1994
Jozef Moravčík 16 de marzo de 1994 - 13 de decembro de 1994
Vladimír Mečiar 27 de xuño de 1990 - 6 de maio de 1991
Pavol Hrivnák (en) Traducir 22 de xuño de 1989 - 8 de decembro de 1989
Milan Čič (en) Traducir 10 de decembro de 1989 - 27 de xuño de 1990
Ivan Knotek 12 de outubro de 1988 - 22 de xuño de 1989
Peter Colotka (en) Traducir 4 de maio de 1969 - 12 de outubro de 1988
Vladimír Mečiar 13 de decembro de 1994 - 29 de outubro de 1998
Mikuláš Dzurinda 30 de outubro de 1998 - 4 de xullo de 2006
Peter Pellegrini marzo de 2018 - marzo de 2020
Robert Fico 4 de abril de 2012 - 15 de marzo de 2018
Robert Fico 4 de xullo de 2006 - 8 de xullo de 2010
Eduard Heger 1 de abril de 2021 - 15 de maio de 2023
Iveta Radičová (pt) Traducir 2010 - 2012
Igor Matovič 2020 - 2021
Štefan Sádovský 1 de xaneiro de 1969 - 4 de maio de 1969 Editar o valor en Wikidata
 Nomeado por
Datas
 Fundación / creación
2 de xaneiro de 1969 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Xurisdición
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

O presidente do Goberno da República Eslovaca (en eslovaco: 'Predseda vlády Slovenskej republiky'), tamén coñecido como primeiro ministro (en eslovaco: 'Premiér'), é o xefe de goberno de Eslovaquia. Sobre o papel é o terceiro cargo constitucional máis alto en Eslovaquia despois do presidente de Eslovaquia e o presidente do Consello Nacional. Na práctica, é a figura política líder do país.

O cargo creouse en 1969 e dende entón houbo 13 primeiros ministros. Dende 1993, cando xurdiu a Eslovaquia independente, seis primeiros ministros ocuparon o posto. O 25 de outubro de 2023, Robert Fico converteuse no actual primeiro ministro.

O cargo de primeiro ministro foi creado en 1969 pola Lei Constitucional de Federación. Non obstante, un cargo similar existira dende 1918 cando varias persoas presidiron órganos executivos que rexían a parte eslovaca de Checoslovaquia ou o Estado eslovaco respectivamente. Dende 1993, cando se creou a República Eslovaca independente, seis persoas ocuparon o cargo. Dende 2018 oprimeiro ministro é Peter Pellegrini.

Poderes e funcións

[editar | editar a fonte]

Dado que Eslovaquia é unha república parlamentaria, o primeiro ministro responde ante o Consello Nacional. A Constitución eslovaca prevé que para acceder ao cargo, cada primeiro ministro debe gañar e despois manter a confianza do parlamento. En canto o primeiro ministro perda a confianza, o presidente está obrigado a destituílo e designar a un novo primeiro ministro ou confiar ao primeiro ministro destituído a función de coidador con poderes limitados.

O primeiro ministro é o cargo máis poderoso do estado, xa que manda e preside o goberno. Aínda que non é o primeiro ministro senón o presidente quen nomea ministros do gabinete, faino co asesoramento do primeiro ministro.

Primeiro ministro designado de Eslovaquia

[editar | editar a fonte]

Primeiro ministro designado de Eslovaquia (en eslovaco: 'designovaný predseda vlády') é un título non oficial para unha persoa á que o presidente da República Eslovaca lle encomendou formar un novo goberno e substituír o primeiro ministro saínte. Este título, así como a autorización do presidente para encomendar ao primeiro ministro designado, non están establecidos por lei senón que é unha tradición legal ou, máis precisamente, constitucional. Segundo esta tradición, o presidente designa a unha persoa que teña o apoio da maioría dos deputados no Consello Nacional.

Lista dos primeiros ministros de Eslovaquia

[editar | editar a fonte]

Ministro plenipotenciario para a administración de Eslovaquia

Presidentes da Terra de Eslovaquia

Primeiros ministros do Goberno da Autonomía de Eslovaquia

  • Jozef Tiso (7 de outubro de 1938 - 9 de marzo de 1939)
  • Jozef Sivák (9 de marzo de 1939 - 11 de marzo de 1939)
  • Karol Sidor (11 de marzo de 1939 - 14 de marzo de 1939)

Primeiros ministros da Primeira República eslovaca

  • Jozef Tiso (14 de marzo de 1939 - 17 de outubro de 1939)
  • Vojtech Tuka (27 de outubro de 1939 - 5 de setembro de 1944)
  • Štefan Tiso (5 de setembro de 1944 - 4 de abril de 1945)

Presidentes do Consello de Comisarios

1 de xaneiro de 1969 - 5 de marzo de 1990: chamada "República Socialista Eslovaca" dentro de Checoslovaquia .

Presidentes do Consello de Comisarios

Presidentes do Consello Nacional de Eslovaquia

Primeiros ministros da República Socialista Eslovaca

  1. Štefan Sádovský : 2 de xaneiro de 1969 - 5 de maio de 1969
  2. Peter Colotka : 5 de maio de 1969 - 12 de outubro de 1988
  3. Ivan Knotek : 13 de outubro de 1988 - 22 de xuño de 1989
  4. Pavel Hrivnák : 23 de xuño de 1989 - 8 de decembro de 1989

6 de marzo de 1990 - 31 de decembro de 1992: chamada "República Eslovaca" dentro de Checoslovaquia .

Primeiros ministros da República eslovaca

     KSČ      VPN      KDH
No. Retrato Nome Mandato Partido Político
Inicio Fin Tempo no cargo
5 Milán Čič
(1932–2012)
10 de decembro de 1989 27 de xuño de 1990 291 días Partido Comunista de Checoslovaquia (KSČ)
Sociedade Contra a Violencia (VPN)
6 Vladimír Mečiar
(1942-)
27 de xuño de 1990 6 de maio de 1991 313 días Sociedade Contra a Violencia (VPN)
7 Ján Čarnogurský
(1944- )
6 de maio de 1991 24 de xuño de 1992 1 ano e 49 días Movemento Democrático Cristián (KDH)
     HZDS/ĽS-HZDS     DEÚS      SDK      SDKÚ/SDKÚ-DS      SMER-SD
Foto Nome Mandato Partido político
Inicio Fin Tempo no cargo
1 Vladimír Mečiar

(1942-)

24 de xuño de 1992 15 de marzo de 1994 1 ano e 264 días Movemento para unha Eslovaquia Democrática

(HZDS)

2 Jozef Moravčík

(1945-)

15 de marzo de 1994 13 de decembro de 1994 273 días Unión Democrática de Eslovaquia

(DEÚS)

(1) Vladimír Mečiar

(1942-)

13 de decembro de 1994 30 de outubro de 1998 3 anos e 321 días Movemento para unha Eslovaquia Democrática

(HZDS)

3 Mikuláš Dzurinda

(1955-)

30 de outubro de 1998 15 de outubro de 2002 3 anos e 350 días Coalición Democrática Eslvoaca (SDK)

logo substituída pola Unión Cristiá e Democrática Eslovaca- Partido Democrático

(SDKÚ)

16 de outubro de 2002 4 de xullo de 2006 3 anos e 261 días Unión Cristiá e Democrática Eslovaca
4 Robert Fico

(1964-)

4 de xullo de 2006 8 de xullo de 2010 4 anos e 4 días Dirección-Socialdemocracia (Eslovaquia)

(SMER-SDK)

5 Iveta Radičová

(1956-)

8 de xullo de 2010 4 de abril de 2012 1 ano e 271 días Unión Cristiá e Democrática Eslovaca- Partido Democrático (SDKÚ-DS)
(4) Robert Fico

(1964-)

4 de abril de 2012 23 de marzo de 2016 5 anos e 352 días Dirección-Socialdemocracia (Eslovaquia)

(SMER-SDK)

23 de marzo de 2016 22 de marzo de 2018
6 Peter Pellegrini

(1975- )

22 de marzo de 2018[1] 21 de marzo de 2020 1 ano, 11 meses e 30 días Dirección-Socialdemocracia (Eslovaquia)

(SMER-SDK)

7 Igor Matovič

(1973- )

21 de marzo de 2020 1 de abril de 2021 1 ano e 11 días Xente Común e Personalidades Independentes

(OĽaNO)

8 Eduard Heger

(1976- )

1 de abril de 2021 15 de maio de 2023 2 anos, 1 mes e 14 días Xente Común e Personalidades Independentes

(OĽaNO)

9 Ľudovít Ódor

(1976- )

15 de maio de 2023 25 de outubro de 2023 5 meses e 10 días Independente
(4) Robert Fico

(1964-)

25 de outubro de 2023 presente 2 anos e 112 días Dirección-Socialdemocracia (Eslovaquia)

(SMER-SDK)

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Primeiro Ministro Idade á que accedeu ao cargo
(primeiro mandato)
Tempo no cargo
(total)
Idade ao deixar o cargo
(último mandato)
Data de falecemento Idade
1 Vladimír Mečiar 49 anos e 334 días 5 anos, 221 días 56 anos, 96 días Vive 83 anos e 203 días
2 Jozef Moravčík 49 anos e 361 días 273 días 50 anos, 269 días Vive 80 anos e 332 días
3 Mikuláš Dzurinda 43 anos e 268 días 7 anos, 247 días 51 anos, 150 días Vive 71 anos e 10 días
4 Robert Fico 41 anos, 292 días 11 anos, 210   días 53 anos, 46 días Vive 61 anos e 152 días
5 Iveta Radičová 53 anos, 213 días 1 ano, 271 días 55 anos, 119 días Vive 69 anos e 69 días
6 Peter Pellegrini 42 anos, 167 días 1 ano, 365 días 44 anos, 166 días Vive 50 anos e 131 días
7 Igor Matovič 46 anos, 315 días 1 ano, 11 días 47 anos, 325 días Vive 52 anos e 340 días
8 Eduard Heger 44 anos, 333 días no cargo Vive 49 anos, 9 meses e 11 días
  1. "El socialdemócrata Peter Pellegrini, nuevo primer ministro de Eslovaquia". RTVE (en castelán). 22 de marzo de 2018. Consultado o 5 de novembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]