Ida Lupino
Ida Lupino | |
---|---|
![]() Foto publicitaria da década de 1930 | |
Nome completo | Edmund Preston Biden |
Nacemento | 4 de febreiro de 1918 |
Lugar | Londres |
Falecemento | 3 de agosto de 1995 |
Lugar | Os Ánxeles |
Causa | Ictus |
Soterrado | Forest Lawn Memorial Park (Glendale) |
Nacionalidade | ![]() ![]() |
Educada en | Royal Academy of Dramatic Art e Brighton Girls |
Pai | Stanley Lupino |
Nai | Connie Emerald |
Cónxuxe(s) | Louis Hayward (1938-1945) Collier Young (1948 - 1951) Howard Duff (1951-1984) |
Profesión | Actriz, directora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ida Lupino, nada en Londres o 4 de febreiro de 1918[1] e finada nos Ánxeles (California) o 3 de agosto de 1995 foi unha actriz e directora de cinema angloestadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en 1918, e non en 1914 como indican algunhas biografías,[1] filla da actriz Connie O’Shea e do artista de music hall Stanley Lupino, membro dunha familia británica de artistas de teatro de orixe italiana.[2] Os seus pais e o seu curmán Lupino Lane animárona a entrar no mundo do espectáculo e debutou no cinema en 1931 con The Love Race. Durante varios anos estivo a interpretar pequenos papeis.
Trala súa interpretación en The Light That Failed (1939) comezou a ser considerada seriamente como actriz dramática, pasando a realizar mellores papeis na década de 1940, cando ela se describiu como a Bette Davis dos "homes pobres".[3]
Durante este período fíxose coñecida polos seus papeis duros e actuou en filmes como They Drive by Night (1940) e High Sierra (1941), ambas as dúas con Humphrey Bogart. A pesar de traballar de maneira regular e ser moi solicitada nesa década nunca chegou á categoría de grande estrela. En 1947 deixou Warner Bros. para converterse nunha actriz independente. En 1948 nacionalizouse estadounidense.
A finais dos anos corenta interesouse polo traballo detrás da cámara. En 1949 cando Elmer Clifton sufriu un ataque cardíaco e non puido finalizar Not Wanted, filme Filmways, compañía fundada por Lupino e o seu marido, Collier Young, ela mesma finalizou o filme. Despois chegaron os seus propios proxectos , que a converteron na única muller directora no Hollywood da época.[2] Tras catro filmes “femininos” sobre temas sociais, dirixiu o seu primeiro gran filme, The Hitch-Hiker (1953), primeiro filme negro dirixido por unha muller. Lupino bromeaba dicindo que se como actriz era a "Bette Davis dos pobres", como directora era a "Don Siegel dos pobres".[4]
En 1952 recibiu a invitación para ser a "cuarta estrela" da produtora televisiva Four Star Television, xunto a Dick Powell, David Niven e Charles Boyer, trala marcha de Joel McCrea e Rosalind Russell. Lupino seguiu actuando nas década de 1950, 1960 e 1970 e a súa actividade como directora neses anos encamiñouse case en exclusiva a producións televisivas como Alfred Hitchcock Presents, The Twilight Zone, Have Gun Will Travel, The Donna Reed Show, Gilligan's Island, 77 Sunset Strip, The Investigators, The Ghost & Mrs. Muir, The Rifleman,Batman, Sam Benedict, Bonanza, The Untouchables, The Fugitive e Bewitched. Entre 1957 e 1958 protagonizou co seu home, Howard Duff, a comedia da CBS Mr. Adams and Eve.
Cara o final da súa carreira participou como artista invitada en numerosos programas de televisión, retirándose en 1978 aos sesenta anos de idade.
Faleceu en 1995 a causa dun accidente cerebrovascular mentres era tratada dun cancro de colon.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Actriz[editar | editar a fonte]
- The Love Race (1931)
- I Lived with You (1933)
- High Finance (1933)
- Her First Affaire (1933)
- The Ghost Camera (1933)
- Money for Speed (1933)
- Prince of Arcadia (1933)
- Search for Beauty (1934)
- Come on Marines (1934)
- Ready for Love (1934)
- Paris in Spring (1935)
- Smart Girl (1935)
- Peter Ibbetson (1935)
- Anything Goes (1936)
- One Rainy Afternoon (1936)
- Yours for the Asking (1936)
- The Gay Desperado (1936)
- Sea Devils (1937)
- Let's Get Married (1937)
- Artists and Models (1937)
- Fight for Your Lady (1937)
- The Lone Wolf Spy Hunt (1939)
- The Lady and the Mob (1939)
- The Adventures of Sherlock Holmes (1939)
- The Light that Failed (1939)
- They Drive by Night (1940)
- High Sierra (1941)
- The Sea Wolf (1941)
- Out of the Fog (1941)
- Ladies in Retirement (1941)
- Moontide (1942)
- Life Begins at Eight-Thirty (1942)
- Forever and a Day (1943)
- The Hard Way (1943)
- Thank Your Lucky Stars (1943)
- In Our Time (1944)
- Hollywood Canteen (1944)
- Pillow to Post (1945)
- Devotion (1946)
- The Man I Love (1947)
- Deep Valley (1947)
- Escape Me Never (1947)
- Road House (1948)
- Lust for Gold (1949)
- Woman in Hiding (1950)
- Outrage (1950)
- Hard, Fast and Beautiful (1951)
- On the Loose (1951) (narradora)
- A casa en sombras (1952)
- Beware, My Lovely (1952)
- Jennifer (1953)
- The Bigamist (1953)
- Private Hell 36 (1954)
- Women's Prison (1955)
- The Big Knife (1955)
- While the City Sleeps (1956)
- Strange Intruder (1956)
- Deadhead Miles (1972)
- Junior Bonner (1972)
- The Devil's Rain (1975)
- The Food of the Gods (1976)
- My Boys Are Good Boys (1978)
Como directora[editar | editar a fonte]
- Not Wanted (1949) (sen acreditar)
- Never Fear (1949)
- Outrage (1950)
- Hard, Fast and Beautiful (1951)
- A casa en sombras (1952) (sen acreditar)
- The Hitch-Hiker (1953)
- The Bigamist (1953)
- Private Hell 36 (1954)
- The Trouble with Angels (1966)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Rexistrada en Births Mar 1918 Camberwell Vol.1d páxina 1019 (Free BMD). Transcrito como "Lupine" no índice oficial de nacementos.
- ↑ 2,0 2,1 Allmovie Biography
- ↑ Katz, Ephraim; Klein, Fred; Nolan, Ronald Dean (1998). HarperPerennial, ed. The Film Encyclopedia (en inglés) (3rd Edition ed.). Nova York. p. 858. ISBN 0-06-273492-X.
- ↑ Wood, Bret. Turner Classic Movies Online, ed. "Outrage (1950)". Consultado o 10 de agosto de 2008.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ida Lupino ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ida Lupino na IMDb (en inglés).
- Ida Lupino en Turner Classic Movies
- Ida Lupino en Find A Grave