Ian Rankin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ian Rankin

Ian Rankin, nado o 28 de abril de 1960 en Cardenden, Fife, é un escritor en lingua inglesa de novelas policiais e guionista de banda deseñada escocés. É o creador das obras protagonizadas polo Inspector Rebus.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rankin estudou o bacharelato en Cowdenbeath e logo literatura na Universidade de Edimburgo. Logo de licenciarse estivo vivindo en Londres e tamén en Francia durante dez anos. Nese tempo, mentres se iniciaba como escritor, desempeñou moitos e variados traballos, como vendimador, pastor de porcos, recadador de impostos, experto en viños, xornalista especializado en tecnoloxía, administrativo ou músico nun conxunto punk.

Vive en Edimburgo coa súa muller (Miranda) e os seus dous fillos (Jack e Kit). Un deles padece unha enfermidade pouco frecuente chamada síndrome de Angelman.

Obra[editar | editar a fonte]

As dúas primeiras novelas de Rankin, Knots and Crosses e Hide and Seek foron concebidas por el como relatos correntes na liña da tradición escocesa iniciada por Robert Louis Stevenson ou Muriel Spark (precisamente o tema da súa tese doutoral, aínda non rematada). Porén, dende un comezo os títulos foron encadrados no xénero policíaco, no que axiña Rankin se sentiu a gusto. As novelas que teñen como protagonista ao Inspector Rebus están localizadas en Edimburgo e el mesmo está considerado o principal representante do que se deu a coñecer como Tartan Noir ou novela negra escocesa.

A finais de 2006 comezou a súa colaboración como guionista de cinco ou seis entregas de Hellblazer, que despois se converteron nunha novela gráfica no seu conxunto, que permanece inédita.

En 2009 publicou a primeira novela protagonizada polo inspector Malcolm Fox, Asuntos internos (The Complaints, 2009), situada no Edimburgo da crise causada polas hipotecas subprime como pano de fondo.

Ningunha das súas obras foi aínda traducida ao galego.

Documentais[editar | editar a fonte]

Como xornalista, ten traballado na produción e presentación de programas de arte (Newsnight Review, na BBCTwo) e tamén en series de documentais máis centradas no seu campo de traballo. Así, desenvolveu un traballo de tres episodios dobre o demo para a cadea Channel 4 en 2002, e en 2005 presentou un documental de media hora na BBC4 sobre a relación entre casos reais e crimes de ficción, titulado Rankin on the Staircase (Rankin na escaleira).

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Recibiu o doutoramento honoris causa polas universidades escocesas de Abertay Dundee, St. Andrews e de Hull.

En xuño de 2002 recibiu a Orde do Imperio Británico.

Obras[editar | editar a fonte]

Escribiu ata o de agora as seguintes novelas, que podemos distribuír en ciclos:

As novelas do Inspector Rebus[editar | editar a fonte]

Novelas de Jack Harvey[editar | editar a fonte]

As novelas do Inspector Fox[editar | editar a fonte]

  • The Complaints (2009)

Outros libros[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]