Iago López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Iago López
Información persoal
Nome Iago López Carracedo
Nacemento 6 de abril de 1999
Lugar de nacemento Castro de Ribeiras de Lea
Altura 1,77 m.
Posición Lateral dereito
Información de club
Club actual Mirandés
Número 20
Carreira xuvenil
Lugo
2015–2018 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017 Fabril 1 (0)
2018–2019 Peralada 29 (2)
2019–2021 Girona 0 (0)
2019–2021Logroñés (cedido) 53 (1)
2021– Mirandés 7 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de novembro de 2021.
editar datos en Wikidata ]

Iago López Carracedo, nado en Castro de Ribeiras de Lea o 6 de abril de 1999, é un futbolista galego. Xoga de lateral dereito no Mirandés, da Segunda División

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do CD Lugo e estando en idade xuvenil pasou á canteira do Deportivo da Coruña.[1] Debutou co Fabril na penúltima xornada da tempada 2016/17, nunha vitoria por 1-2 contra o CD As Pontes, coa que o filial branquiazul se proclamou campión de Terceira División.[2] Na seguinte tempada compaxinou o equipo xuvenil con algunhas convocatorias para o filial, pero sen chegar a xogar con este na Segunda B.

No verán de 2018 fichou polo Peralada, filial do Girona, na Segunda División B. Disputou 29 encontros e anotou dous goles esa tempada, na que o equipo acabou descendendo, e comezou a adestrar co primeiro equipo.[3]

O 19 de agosto de 2019 anunciouse a súa cesión por unha tempada á UD Logroñés, tamén da Segunda División B.[4] Xogou 17 partidos da liga regular durante a tempada 2019/20, nos que anotou un gol (fronte ao Haro), contribuíndo a que o seu equipo acabase campión de grupo. Xogou tamén o partido de volta da promoción de ascenso contra o Castellón, no que a UD Logroñés acabou logrando o pase á Segunda División na quenda de penaltis.[5]

En agosto de 2020, o Girona renovou ao xogador ata xuño de 2022 e volveuno ceder ao Logroñés para a tempada 2020/21 na Segunda División.[6] Debutou na categoría de prata na primeira xornada contra o Sporting de Gijón no Molinón, e foi titular en case todos os partidos da campaña, na que o equipo rioxano acabou descendendo.

En xullo de 2021 fichou polo Mirandés, tamén de Segunda División.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Maletas cargadas de sueños" (PDF). La Voz de Galicia (en castelán). Líder. 4 de marzo de 2019. Consultado o 3 de maio de 2021. 
  2. "El Fabril conquista su cuarta Liga". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de maio del 2017. p. 11. 
  3. "O lugués Iago López Carracedo xa adestra co primeiro equipo do Girona". El Progreso. 28 de novembro de 2018. Consultado o 3 de maio de 2021. 
  4. "El lateral derecho Iago López, nuevo fichaje de la UD Logroñés". Unión Deportiva Logroñés. 19 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2020. Consultado o 3 de maio de 2021. 
  5. "La UD Logroñés es de Segunda tras vencer al Castellón en los penaltis". Marca (en castelán). 19 de xullo de 2020. Consultado o 3 de maio de 2021. 
  6. "El lateral Iago lópez regresa también cedido al Logroñés". Marca (en castelán). 28 de agosto de 2020. Consultado o 3 de maio de 2021. 
  7. "Iago López, un lateral diestro para Lolo Escobar". Marca (en castelán). 13 de xullo de 202. Consultado o 15 de novembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]