Saltar ao contido

Ginga (satélite)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ASTRO-C (Ginga)

ASTRO-C, rebautizado como Ginga (galaxia en xaponés) tras o seu lanzamento foi o terceiro satélite lanzado para estudar o ceo en raios X desde o Xapón. Foi lanzado o 5 de febreiro de 1987 desde o Kagoshima Space Center a unha órbita cuns 510 km de perixeo e 670 de apoxeo, cunha inclinación de 31º e un período duns 96 minutos. O satélite operou ata o 1 de novembro de 1991, data na que se incinerou na atmosfera. O programa de observación estaba aberto a científicos do Xapón, Estados Unidos, Reino Unido e algúns países europeos. Os instrumentos que levaba a bordo este satélite eran os seguintes:

  • Large Area Proportional Counter (LAC 1,7-37 keV, desenvolvido en colaboración co Reino Unido)
  • All-Sky Monitor (ASM 1-20 keV)
  • Gamma-ray Burst Detector (GBD 1,5-500 keV, desenvolvido en colaboración cos Estados Unidos)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]