Ohsumi foi unha serie de satélites artificiaisxaponeses lanzados entre 1966 e 1970. Só un chegou a órbita, converténdose no primeiro satélite xaponés en ser orbitado mediante un foguete indíxena.[1][2]
Os satélites Ohsumi consistían nun conxunto reducido de instrumentos (acelerómetros, un termómetro e varios transmisores) acaroados á cuarta etapa dun foguete L-4S. Ían equipados con varias antenas e a alimentación eléctrica era proporcionada por unha batería de cinc e óxido de prata cunha capacidade de 5 Ah. Tiñan unha masa de 24 kg.[1][2]
Lanzáronse catro satélites Ohsumi entre 1966 e 1969 que non conseguiron chegar a órbita por diversos fallos do foguete lanzador. A quinta unidade, coñecida xa simplemente como Ohsumi, conseguiu entrar en órbita o 11 de febreiro de 1970, recibíndose o seu sinal dúas horas e media tras chegar ao espazo. O satélite funcionou ata a súa sétima órbita e reentrou na atmosfera terrestre o 2 de agosto de 2003.[1][2]