Hygrophorus latitabundus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hygrophorus latitabundus
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Orde: Agaricales
Familia: Hygrophoraceae
Xénero: 'Hygrophorus'
Especie: ''H. latitabundus''
Nome binomial
'Hygrophorus latitabundus'
Britzelm. (1899)
Sinonimia[1]

Hygrophorus olivaceoalbus f. obesus Bres.
Hygrophorus olivaceoalbus var. obesus (Bres.) Rea
Hygrophorus limacinus sensu Kühner & Romagnesi

O limago (Hygrophorus latitabundus) é unha especie de fungo do xénero Hygrophorus. Atópase polos montes de piñeiro europeos, con preferencia por solos calcarios. Abrolla en outono producindo grandes cogomelos comestíbeis con chapeus e pés viscosos.

Descrición[editar | editar a fonte]

Os corpos frutífero dos limagos son agáricos e anchos. O chapeu é convexo e lixeiramente umbonado, de cor acastañada agrisada e olivácea cun centro cun marrón máis escuro. Está cuberta por unha característica capa pegañenta de mucilaxe, especialmente en ambientes húmidos. As marxes enrólanse cara a dentro. O diámetro do sombreiro pode chegar aos 15 cm, e cando madura, acháiase. As lamelas son brancas e grosas, separadas, adnatas e decorrentes debilmente no talo.

O estipe é branco e alto, fusiforme, groso e robusto. Posúe numerosas especies de escamas brancas e está cuberto cunha capa grosa de mucilaxe. Estas escamas tenden a volverse acastañadas e esténdense desde a base até unha certa altura, formando unha especie de anel. Por riba, o pé é branco e tórnase visibelmente máis fino. O estipe ten uns 15 cm de alto e 2–4 cm de largo.

A carne é branca e firme, cun ulido fúnxico e gusto agradábel. Unha axuda de identificación é a reacción química da carne do pé cando se lle aplica amoníaco. Nesta especie, a carne tórnase laranxa enferruxado, e logo marrón, na base, e amarelo ocre na parte superior.[2][3][4]

Comestibilidade[editar | editar a fonte]

O limago considérase un bo fungo comestíbel.[3] É recollido e comercializado para o consumo en España, particularmente na rexión catalá, onde é coñecido como llenega negra.[5][6]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Vista do pé e lamelas do H. latitabundus.

Hygrophorus latitabundus atópase en bosques de coníferas, formando relacións ectomicorrizais exclusivamente con piñeiros (Pinus). O fungo aflora en outono, mostrando unha preferencia por terras calcarias. Este suceso dáse pouco, mais é abundante alí onde se dá.

A súa distribución abrangue Europa do sur e central, comprendendo Austria, Alemaña, Francia, Italia, Eslovenia e España.[7] Tamén se dá por Macedonia, Grecia e Turquía.[8][9]

Especie similar[editar | editar a fonte]

Entre as moitas especies do xénero Hygrophorus, hai algunhas que se poden confundir co limago.

  • O corpo frutífero do H. persoonii ten unha aparencia similar, mais atópase só reducido a montes caducifolios de carballos (Quercus) e faias (Fagus). A súa carne tórnase verdosa co amoníaco.
  • H. olivaceoalbus é unha especie menos robusta que posúe normalmente unha banda escura e rugosa no pé, e dáse con piceas (Picea), frecuentemente en pantanos. A súa carne tórnase laranxa vermello co amoníaco.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fungorum synonymy: Hygrophorus latitabundus". Species Fungorum. CAB International. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  2. Gerault, Alain (Outubro de 2005). "Florule evolutive des Basidiomycotina du Finistere - Heterobasidiomycetes" (PDF). 2.1 (en francés). 
  3. 3,0 3,1 "Copia arquivada" (en español). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2010. Consultado o 23 de decembro 2010. 
  4. "Hygrophorus latitabundus Britzelm. 1899" (en italiano). Consultado o 23 de decembro 2010. 
  5. E. Boa (2004). "Collection, marketing and cultivation of edible fungi in Spain" (PDF) 16: 25–33. ISSN 1534-2581. 
  6. "Copia arquivada" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2011. Consultado o 1 de xaneiro de 2010. 
  7. "Species search". Consultado o 2010-12-25. 
  8. Zervakis G.; Polemis E. (2008). "Mycodiversity studies in selected ecosystems of Greece: IV. Macrofungi from Abies cephalonica forests and other intermixed tree species (Oxya Mt., central Greece)" (PDF) 104: 39–42. 
  9. "Copia arquivada" (PDF) 108. 2009: 31–34. doi:10.5248/108.31. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de setembro de 2011. Consultado o 27 de novembro de 2020.