Abdul Kalam
Abdul Kalam | |
---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1931 |
Rameswaram taluk | |
Falecemento | 27 de xullo de 2015 |
Shillong | |
Causa | Parada cardiorrespiratoria |
Nacionalidade | India, Raj Británico e Domínio da Índia |
Relixión | Sunnismo |
Alma máter | St Joseph's College, Tiruchirappalli e Universidade de Madras |
Ocupación | enxeñeira aeroespacial, poeta, enxeñeiro, político, científico e mestre |
Coñecido por | Wings of Fire |
Premios | Padma Bhushan, Bharat Ratna, H K Firodia awards, Padma Vibhushan in science & engineering, Om Prakash Bhasin Award, Medalha Hoover e King Charles II Medal |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Avul Pakir Jainulabdeen Abdul Kalam (en lingua támil, ஏ. பி. ஜே. அப்துல் கலாம்), nado en Rameswaram o 15 de outubro de 1931 e finado en Shillong o 27 de xullo de 2015, foi presidente da India dende 2002 a 2007, foi tamén un recoñecido enxeñeiro e científico. Abdul Kalam era támil e profesaba a relixión musulmá.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou física e enxeñería aeroespacial, e traballou na Defence Research and Development Organisation (DRDO) e na Organización India de Investigación Espacial (ISRO). Tivo un papel salientable no programa espacial indio e no desenvolvemento de mísis[1], chegando mesmo a ser coñecido como o "home mísil da India" polo seu traballo no desenvolvemento da tecnoloxía de mísis balísticos e de vehículos lanzadores .[2][3][4] Tamén mantivo un papel crucial nas probas nucleares de 1998, coñecidas como Pokhran-II, que seguiron as primeiras realizadas na India en 1974.[5]
En 2002 Kalam resultou elixido o 11º Presidente da India co apoio tanto do partido gobernante, o Bharatiya Janata, como do principal da oposición o Congreso Nacional Indio. Popularmente coñecido como o "presidente do pobo".[6] En 2007 tras rematar o seu mandato, volveu a dar clases como profesor visitante en varias institucións. Recibiu numerosos premios e condecoracións, entre os que salienta o Bharat Ratna, o honor civil supremo da India.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Encyclopædia Britannica (India), ed. (2000). A to C (Abd Allah ibn al-Abbas to Cypress). Nova Delhi. p. 2. ISBN 978-0-85229-760-5.
- ↑ Pruthi, R. K. (2005). "Ch. 4. Missile Man of India". En Anmol Publications. President A.P.J. Abdul Kalam. pp. 61–76. ISBN 978-81-261-1344-6.
- ↑ "India's 'Mr. Missile': A man of the people". 30 de xullo de 2015.
- ↑ "Kalam's unrealised 'Nag' missile dream to become reality next year". 30 de xullo de 2015.
- ↑ Amartya, Sen (2003). "India and the Bomb". En Sangam Books. Prisoners of the Nuclear Dream. pp. 167–188. ISBN 978-81-250-2477-4.
- ↑ Amarnath k Menon (28 de xullo de 2015). "Why Abdul Kalam was the 'People's President'". DailyO.in. DailyO.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abdul Kalam ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |