Rinoceronte laúdo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.) |
| Rinoceronte laúdo | |
|---|---|
| Coelodonta antiquitatis Johann Friedrich Blumenbach 1799 | |
|
Instancia de
| |
|
Categoría taxonómica
| |
|
Taxon superior
| |
|
Nome curto
| |
|
Combinación orixinal
| |
| Distribución | |
| Dimensións | |
|
Masa
| |
|
Lonxitude
| |
|
Altura
| |
| Clasificación taxonómica | |
| Reino | Animalia |
| Filo | Chordata |
| Clase | Mammalia |
| Orde | Perissodactyla |
| Familia | Rhinocerotidae |
| Xénero | †Coelodonta |
| Especie | †C. antiquitatis |
| Datas e cronoloxía | |
|
Data de comezo
| |
|
Data de remate
| |
| Identificadores | |
| OTT | 145474 |
| Wikidata C:Commons | |
O rinoceronte laúdo (Coelodonta antiquitatis) era un membro da familia dos actuais rinocerontes, que vivía en rexións glaciais e posuía un avantaxado manto de pelo, atinxindo cerca de 3,5 m de longo, 1,8 m de altura e 3,5 toneladas de peso. Alimentábase de gramíneas e musgos, utilizando o seu corno cando fose necesario para cavar na neve para obtelas. Viviu xunto ao mamut, ao oso das cavernas e grandes felinos prehistóricos, cos que disputaba alimentos e defendía as súas crías, pois un rinoceronte-laúdo adulto non posuía moitos depredadores naturais. O seu parente máis próximo vivo é o rinoceronte de Sumatra.
Historia natural
[editar | editar a fonte]
Os cornos eran excepcionalmente longos, sobre todo o primeiro que podía alcanzar un metro de lonxitude, e aplanados, tan diferentes dos doutros rinocerontes que cando se descubriron os primeiros cornos illados e conxelados en Siberia no século XIX, foron clasificados inicialmente como gadoupas de aves xigantescas. Ademais de como defensa fronte aos carnívoros e arma na época de celo, servían para apartar a neve durante o inverno e acceder así á herba oculta baixo ela. Grazas a esta característica, os rinocerontes laúdos non tiñan que emigrar a outras rexións para conseguir alimento nos períodos invernais como si debían facer outros animais da súa contorna. Como tampouco se trasladaron a outros ambientes fóra da súa tundra-estepa glacial, estes animais non colonizaron áreas afastadas como Irlanda e América do Norte, cousa que si fixeron os mamuts e bisontes.
Os fósiles de rinocerontes laúdos son un claro indicador das condicións climáticas que caracterizaban a Europa e Rusia durante o Plistoceno, pois avanzaban ou retrocedían á par que os climas fríos e as estepas boreais, sendo substituídos nos períodos cálidos por outras especies de rinocerontes desprovistas de pelo, como o rinoceronte de Merck. A partir das estepas de Asia central onde se orixinaron fai pouco menos de medio millón de anos, os rinocerontes laúdos alcanzaron a súa máxima distribución durante o pico glacial de hai 30.000 anos, e minguaron posteriormente pouco a pouco ata súa extinción en Siberia occidental cara ao 8.000 a. C. As causas da súa desaparición son debidas a razóns puramente climáticas, pois as ocasións en que esta especie era cazada polos neandertales ou os membros de nosa propia especie eran pouco frecuentes, debido probablemente á perigosidade deste animal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rinoceronte laúdo |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Rinoceronte laúdo |