Hipparchia fidia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hipparchia fidia

Madrid, España
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Hexapoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Suborde: Glossata
Infraorde: Heteroneura
División: Ditrysia
Sección: Rhopalocera
Superfamilia: Papilionoidea
Familia: Nymphalidae
Subfamilia: Satyrinae
Tribo: Satyrini
Subtribo: Satyrina
Xénero: Hipparchia
Subxénero: 'Pseudotergumia'
Especie: ''H. fidia''
Nome binomial
Hipparchia fidia
Linnaeus, 1767
Sinonimia
  • Pseudotergumia fidia

A Hipparchia fidia é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Nymphalidae pertencente á subfamilia das Satyrinae, propia da rexión mediterránea.

Descrición[editar | editar a fonte]

Trátase dunha bolboreta bastante grande dentro do grupo das Satyrinae, alcanzando unha envergadura duns 6 cm. A cara inferior das ás presenta uns tons predominantemente agrisados, que permite a esta bolboreta pasar practicamente desapercibida cando se pousa sobre os chans rochosos que afecciona, onde resulta moi difícil distinguila cando queda totalmente inmóbil. Confía entón plenamente na súa camuflaxe e é posible, por iso, achegarse a escasos centímetros dela. Destacan, na cara inferior das ás, unha ampla e irregular banda gris-branca zigzagueante, subliñada de negro, que atravesa a á de par en par e que contrasta netamente co fondo máis escuro da mesma, así como grandes ocelos negros punteados de branco e cercados por un anel de cor beige-amarelo. A cara superior é de tons escuros, marrón.

Área de distribución[editar | editar a fonte]

Especie mediterránea presente na Península Ibérica e no norte de África (Magreb). Tamén vive no sur de Francia (costa mediterránea), alcanzando o noroeste de Italia. É unha especie propia de zonas abertas (incluíndo bosque aberto), secas, cálidas e rochosas.

Ciclo vital[editar | editar a fonte]

Tan só se observa unha única xeración en toda a súa área de repartición, que voa de xuño a agosto (setembro) en Europa e de xullo a outubro no norte de África.

Plantas nutricias[editar | editar a fonte]

As eirugas aliméntanse de diferentes especies de gramíneas (Brachipodium, Festuca, Stipa, etc.).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Tom Tolman & Richard Lewington (2002). Guía de las mariposas de España y Europa. Lynx Edicions.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]