Hipergaleguismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Hiperenxebrismo")
Cartel co hipergaleguismo *pubrico.

Os hipergaleguismos ou hiperenxebrismos son vocábulos creados en galego como consecuencia da aplicación inaxeitada de regras de analoxía co castelán. Este tipo de creacións, que nacen do afán diferencialista con respecto ó castelán, son rexeitadas pola norma. Por exemplo, se o habitual é que as palabras rematadas en -ina do castelán en galego rematen en -iña, aplícaselle a regra a palabras que, por razóns de historia da lingua galega, non se forman dese xeito (gasoliña).

Afectan case exclusivamente á lingua escrita, e de forma moi especial aos rexistros cultos. Porén, tamén abundan nos rexistros informais e de nivel vulgar (mais a maioría son raros en falantes que teñen o galego por lingua materna):

  • Son hipergaleguismos e, por tanto, incorrectos, os seguintes exemplos:
Hipergaleguismo Forma correcta
*brilar brillar
*destiño destino
*estrano estraño
*gasoliña gasolina
*hourizonte horizonte
*humán humano
*urbán urbano
*semán semana
*inconvinte inconveniente
*primaveira primavera
*sinceiro sincero
*zoa (subs.) zona
*abandoar abandonar
*púbrico público