Conversa:Hipergaleguismo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Outro termo[editar a fonte]

E "inaxeitada", non será un hipergaleguismo? No dicionario da RAG non está. Si están "desaxeitada" e "inadecuada".—o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.34.13.171 (conversacontribucións) 19 de xullo de 2018 ás 20:53‎

O artigo non trata de dar unha lista completa de hipergaleguismos, tan só trata de explicar o termo e contén unha lista de exemplos. Esa información debe consultarse noutras páxinas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 23:13 (UTC)[responder]
@Elisardojm: Coido que o anónimo referíase a isto: Os hipergaleguismos ou hiperenxebrismos son vocábulos creados en galego como consecuencia da aplicación inaxeitada de regras de analoxía co castelán Banjo tell me 19 de xullo de 2018 ás 23:18 (UTC)[responder]
Ah!, perdón, non, inaxeitado é un termo correcto, o prefixo in- engade negación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 23:36 (UTC)[responder]

Púbrico[editar a fonte]

Non creo que «púbrico» sexa un hipergaleguismo. Aparece no Glosario de voces galegas de hoxe (1985) de Constantino García con indicación xeográfica, polo que sería un dialectalismo. Tamén aparece nalgún dicionario de portugués marcado como antigo ([1]) polo que tamén podería ser un arcaísmo. One2 (conversa) 29 de xaneiro de 2019 ás 21:05 (UTC)[responder]

Pois non che sei, Atobar, ti que dis? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xaneiro de 2019 ás 23:49 (UTC)[responder]
Non estou seguro. A min si me parece un hipergaleguismo; o cal coido que non impide que tamén sexa un dialectalismo nalgunhas áreas de Galicia (supoño que arraianas con Portugal, tirando do fío do comentado por One2 respecto da marca como portugués antigo). Quen pode saber máis e aclaralo é Estevoaei. --Atobar (conversa comigo) 30 de xaneiro de 2019 ás 11:17 (UTC)[responder]