Herba lombrigueira
Tanacetum vulgare | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
|
A herba lombrigueira[1] (Tanacetum vulgare) é unha planta asterácea herbácea perenne. É natural de Europa e de Asia, cada vez máis rara cando se avanza cara ao sur.
Características
[editar | editar a fonte]É unha planta herbácea perenne moi robusta que posúe un talo ergueito de 60 a 90 cm de altura. As follas son pinnadas con numerosos folíolos profundamente dentados, son de cor verde escura e aromáticas. As flores son pequenas de cor amarela dourada agrupadas en capítulos formando un corimbo denso e aplanado, florecen en verán.
Historia
[editar | editar a fonte]O uso medicinal da herba lombrigueira é antigo, como o demostra a súa presenza na Capitulare de villis vel curtis imperii, unha orde emitida por Carlomagno que reclama que se cultiven nos seus campos unha serie de herbas e condimentos incluíndo as "tanazitam", identificadas actualmente como Tanacetum vulgare.
Propiedades
[editar | editar a fonte]- Vermífugo. A infusión de flores é un antihelmíntico recomendado contra os vermes ascáridos e oxiuros, de onde lle vén o seu nome común.
- Na súa aplicación externa aplícase o seu aceite para combater o reumatismo.
- O Tanacetum vulgare ten prohibida a súa venda ao público, así como a dos seus preparados, e o seu uso en España, por razón da súa toxicidade, conforme ao que establece o artigo 42.2 da Lei 25/1990, de 20 de decembro, do Medicamento. A súa comercialización restrínxese á elaboración de especialidades farmacéuticas, fórmulas maxistrais, preparados oficinais, cepas homeopáticas e á investigación.[2]
Toxicidade
[editar | editar a fonte]Moitas especies de Tanacetum conteñen un aceitre volátil que pode causar dermatite de contacto en individuos sensibles. Se se toma internamente, orixínanse metabolitos tóxicos a medida que o aceite se degrada no tracto dixestivo e no fígado. É moi tóxica para os parasitos internos e por iso durante séculos foi prescrita polos herboristas para expulsar os vermes. É un insecticida efectivo e moi tóxico para artrópodos.[3] Como contén tuiona, nalgúns países como EUA limítase o seu uso a bebidas alcohólicas e o produto final debe estar libre de tuiona.[4] Tanacetum annuum confúndese ás veces con Tanacetum vulgare, pero a primeira produce un aceite esencial que é completamente diferfente quimicamente, xa que non contén tuiona e si altas cantidades de chamazuleno, facendo que o aceite sexa de cor azul escura, aínda que ás veces se venden mesturados os aceites das dúas plantas, o que é unha adulteración.[5][6] O aceite de Tanacetum vulgare nunca é azul porque non contén chamazuleno.[7][8]
Os compoñentes activos do aceite volátil de T, vulgare son 1,8-cineola, trans-tuiona, canfor e mirtenol, e as cantidades e proporcións de cada un varían estacionalmente e de planta a planta.[9][10][11][12][13]
A 1,8-cineola é unha toxina que se cre defende as follas da planta contra os ataques dos herbívoros.[11][12]
Uso en medicina popular
[editar | editar a fonte]Durante moitos anos utilizouse como unha herba medicinal malia a súa toxicidade. No folclore irlandés do século XIX, suxírese bañarse nunha solución desta planta e sal como unha cura para a dor articular.[14] Un té amargo feito con flores de T. vulgare utilizouse durante séculos como antihelmíntico para tratar as infestacións parasitarias, e as tortas desta planta comíanse tradicionalmente durante a Coresma, xa que se cría que o consumo de pescado durante a Coresma causaba vermes intestinais.[15] Varias especies de Tanacetum utilízanse etnomedicamente para tratar a migraña, neuralxia e o reumatismo e como antihelmínticos. Tradicionalmente, foi utilizada a miúdo polos seus efectos emenagogos para provocar a menstruación ou terminar un embarazo non desexado (aborto), e recoméndase que as mulleres embarazadas non utilicen esta herba.[16] Unha investigación publicada en 2011 identificou a presenza nesta planta de 3,5- ácido dicafeoilquínico (3,5- DCQA) e axilarina como compostos antivirais que son activos contra o virus do Herpes simplex.[17]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Tanacetum vulgare describiuna Linné e publicouna en Species Plantarum 2: 844–845. 1753. [18]
- Etimoloxía
Tanacetum: nome xenérico derivado do latín medieval "tanazita" que á súa vez provén do grego "athanasia" (= inmortal, a longo prazo), que probablemente indica a longa duración da inflorescencia desta planta; noutros textos indícase que deriva da crenza de que as bebidas a base das follas desta planta confiren a vida eterna.[19]
vulgare: epíteto latino que significa 'vulgar, común'.[20]
- Sinonimia
- Chrysanthemum vulgare (L.) Bernh. 1800
- Leucanthemum vulgare Lam.
- Chrysanthemum leucanthemum L.
- Chrysanthemum leucanthemum var. boecheri Boivin
- Chrysanthemum leucanthemum L. var. pinnatifidum Lecoq & Lamotte
- Leucanthemum leucanthemum (L.) Rydb.
- Leucanthemum vulgare Lam. var. pinnatifidum (Lecoq & Lamotte) Moldenke[21]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de herba no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia. Ver herba lombrigueira en "Detalles do termo".
- ↑ ORDE SCO/190/2004, de 28 de xaneiro, pola que se establece a lista de plantas cuxa venda ao público queda prohibida ou restrinxida por mor da súa toxicidade. URL:http://www.boe.es/boe/dias/2004/02/06/pdfs/A05061-05065.pdf
- ↑ Edible and Medicinal Plants of the West, Gregory L. Tilford, ISBN 0-87842-359-1
- ↑ "CFR - Code of Federal Regulations Title 21". www.accessdata.fda.gov. Consultado o 2023-03-29.
- ↑ J. Essent. Oil Res., Vol. 11, 343-348 (1999)
- ↑ J. Essent. Oil Res., Vol. 12, 122-124 (xaneiro/febreiro 2000)
- ↑ J. Agric. Food Chem., 2004, 52 (6), pp 1742–1748
- ↑ J. Nat. Prod., 1984, 47 (6), pp 964–969.
- ↑ Mitich, Larry W. (marzo de 1992). "Tansy". Weed Technology. 6: 242–244. doi:10.1017/S0890037X00034643.
- ↑ DePooter, H.L.; Vermeesch, J.; Schamp, N.M. (1989). "unk". Journal of Essential Oil Research. 1 (1): 9–13.
- ↑ 11,0 11,1 Jacobs, J. (febreiro de 2008). "Ecological Management of Common Tansy (Tanacetum vulgare L.)" (PDF). Invasive Species Technical Note # MT-18. United States Department of Agriculture, Natural Resources Conservation Service. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2011.
- ↑ 12,0 12,1 Judzentiene, A.; Mockute, D. (2005). "The inflorescence and leaf essential oils of Tanacetum vulgare L. var. vulgare growing wild in Lithuania". Biochemical Systematics and Ecology 33 (5): 487–498. doi:10.1016/j.bse.2004.11.003.
- ↑ Keskitalo, M.; Pehu E.; Simon, J.E. (2001). "Variation in volatile compounds from tansy (Tanacetum vulgare L.) related to genetic and morphological differenced of genotypes". Biochemical Systematics and Ecology 29 (3): 267–285. PMID 11152946. doi:10.1016/S0305-1978(00)00056-9.
- ↑ Egan, F.A. (1887). "Irish Folk-Lore. Medical Plants". The Folk-Lore Journal 5 (1): 11–13.
- ↑ Sumner, Judith (2004). American Household Botany: A History of Useful Plants, 1620–1900. Portland, Or: Timber Press. ISBN 0-88192-652-3.
- ↑ Martin, Corinne (2000). Herbal Remedies from the Wild. Woodstock, Vermont, USA: The Countryman Press. pp. 133–135. ISBN 0-88150-485-8.
- ↑ Álvarez, Ángel L.; Habtemariam, Solomon; Juan-Badaturuge, Malindra; Jackson, Caroline; Parra, Francisco (2010). "In vitro anti HSV-1 and HSV-2 activity of Tanacetum vulgare extracts and isolated compounds: An approach to their mechanisms of action". Phytotherapy Research (en inglés): n/a–n/a. doi:10.1002/ptr.3382. Consultado o 24 de xullo de 2020.
- ↑ "Tanacetum vulgare". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 24 de maio de 2013.
- ↑ "Botanical names". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2010. Consultado o 3 de xullo de 2009.
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ Sinónimos en USDA
- USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN). National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. URL: http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?104144 http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?104144
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tanacetum vulgare
- Información sobre T.vulgare Arquivado 14 de maio de 2023 en Wayback Machine.