Saltar ao contido

Herba da envexa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Herba da envexa
Vinca difformis
Pierre André Pourret Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
   V. difformis (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeGentianales
 FamiliaApocynaceae
 TriboVinceae
 XéneroVinca
 EspecieVinca difformis Editar o valor en Wikidata
Pourr. Vinca difformis Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0hn9sjk Editar o valor en Wikidata
OTT67472 Editar o valor en Wikidata
CoL5BFFY Editar o valor en Wikidata
EOL2867567 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0000332765 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A herba da envexa, pervinca ou cangroia[1].Vinca difformis, é unha especie de planta medicinal pertencente á familia das apocináceas. É orixinaria da conca do Mediterráneo. En Galiza considérase especie invasora, de feito atópase na lista de Flora invasora de Galicia elaborada pola Xunta[2].

Descrición

[editar | editar a fonte]

Vinca difformis esténdese polo chan con longas ramas cubertas por follas arredondadas, brillantes e opostas. As flores son de cor azul suave, ás veces poden semellar brancas, teñen un longo tubo que se abre en cinco lóbulos un pouco asimétricos, que recordan un pouco a imaxe dunha hélice. Florea durante o inverno e a primavera.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

É orixinaria da conca do Mediterráneo. Na Península Ibérica atópase no levante. É camefito, atopándose en zonas sombrizas, silveiras, pedregueiras e bordos de camiños.

Número de cromosomas de Vinca difformis (Fam. Apocynaceae) e táxones infraespecíficos

Vinca difformis Pourr.

[3]

2n=230.

Vinca difformis Pourr.

[4]

2n=46.

  • Vinca intermedia

Propiedades

[editar | editar a fonte]

Contén alcaloides diferentes aos das outras especies do xénero, entre os que salientan a vincamedina e a sarpaxina.[5]

  1. Nomes vulgares galegos en Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004
  2. http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/conservacion/biodiversidade/especies/especies_invasoras/flora_invasora_de_galicia/ Arquivado 15 de xullo de 2013 en Wayback Machine. Flora invasora de Galicia na Web da Consellaría do Medio Rural
  3. Proves Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955).
  4. Proves Sur la caryologie de quelques plantes récoltées pendant la III Reunion de Botanique Péninsulaire. Fernandes, A. & M. Queirós (1971) Mem. Soc. Brot. 21: 343-385
  5. Dr. Berdonces I Serra. Vinca difformis. Gran Enciclopecia de las Plantas Medicinales (Tikal ediciones). ISBN 84-305-8496-X.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]