Porto de Celeiro
Porto de Celeiro | |
---|---|
Barcos amarrados no porto. | |
Contrasinal da provincia marítima de Lugo á que pertence. | |
Localización | |
País | España |
Cidade | Viveiro, Galicia |
Detalles | |
Dirixido por | Domingo Rey Seijas |
Tamaño | 17 419 m² |
Estatísticas | |
http://puertodeceleiro.es/ | |
O porto de Celeiro é un peirao de pesca situado na parroquia de Celeiro, ao norte do núcleo urbano de Viveiro, e abrigado pola ría de Viveiro.
Características
[editar | editar a fonte]É un dos portos de pesca galegos de máis envergadura do mar Cantábrico, cun total de 90 buques censados[1]. A frota está composta por embarcacións de baixura-artesanal, pesca do cerco, arrastre de litoral, volante e arrastre do Gran Sol. A especie máis importante tanto por volume como por facturación é a pescada. O centro de distribución de produtos ten unha capacidade de descarga, poxa e manipulación de 75 toneladas diarias. Dispón de lonxa climatizada, cunha superficie construída total de 17 419 m².
Conta á súa vez cunha Confraría de Pescadores de grande importancia, sendo o seu patrón maior na actualidade Domingo Rey Seijas. No sector primario, o subsector pesqueiro é unha das máis significativas.
Heliporto Costa Norte
[editar | editar a fonte]Situado nas inmediacións do Porto de Celeiro, atópase o Heliporto Costa Norte (Código OACI: LEPV).[2] Este heliporto foi construído a finais da década de 1980, e a finais do século XX foi modernizado e ampliado a unha superficie de 4 000 m².
Este heliporto é a base do Pesca 2, un dos helicópteros do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Xunta de Galicia.
Desde que se iniciou o servizo de Rescate Aéreo, tres tipos de aeronaves tiveron como base o Heliporto Costa Norte:
- Agusta Bell 212
- Eurocopter Dauphin (EC-HIM)
- Sikorsky S-76 (EC-JET)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cofradía Celeiro". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2009. Consultado o 27 de xuño de 2009.
- ↑ Códigos aeronáuticos españoles[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porto de Celeiro |