Bell 212

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bell 212
Kachina-b212-N212KA-030909-02cr.jpg
Tipohelicóptero medio
FabricanteBell Helicopter
Primeiro voo1968
Introducido1968
Produción1968-1998
VariantesBell UH-1N Twin Huey
Bell 412

O Bell 212 é un helicóptero medio bimotor con dúas palas que voou por vez primeira en 1968. Fabricado orixinalmente por Bell Helicopter en Fort Worth, Texas, a produción trasladouse a [[Mirabel, Quebec en 1988, xunto coa produción de todos os helicópteros comerciais de Bell despois de que a planta abrise en 1986.[1]

O 212 está comercializado para operadores civís e ten unha configuración de 15 asentos, cun piloto e 14 pasaxeiros. En configuración de carga o 212 ten unha capacidade interna de 6,23 m³ e pode levar unha carga externa de ata 2 268 kg.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Baseado na fuselaxe alongada do Bell 205, o Bell 212 desenvolveuse orixinalmente para as forzas armadas canadenses como o CUH-1N e posteriormente foi redesignado CH-135. Canadá recibiu os 50 primeiros exemplares en maio de 1971. Ao mesmo tempo os militares estadounidenses pediron 294 Bell 212 coa designaciónUH-1N.

En 1971 o 212 fora desenvolvido para aplicacións comerciais. Entre os primeiros usos do 212 na aviación civil was by Helicopter Service AS of Norway to be used in support of offshore oil rigs. No presente o 212 pode atoparse usado en operacións de explotación forestal, rescate marítimo e reabastecemento no Ártico na Distant Early Warning Line ou no North Warning System.

O rotor principal do 212 está impulsado por un motor Pratt & Whitney Canada PT6T-3 Twin-Pac composto por dúas turbinas PT6 acopladas accionadas por unha transmisión común. As turbinas son capaces de producir ata 1 800 CV. No caso de que falle unha delas a outra aínda podería entregar 900 CV durante 30 minutos ou 765 CV continuamente, permitindo ao 212 manter o rendemento de cruceiro co seu peso máximo.

Os primeiros 212 configurados cun paquete de instrumentos para regras de voo instrumental (IFR) requirían ter unha gran aleta no teito da aeronave, enriba e lixeiramente detrás da cabina. Inicialmente a aleta considerouse necesaria para alterar o xiro durante complexas manobras de voo instrumentais, pero xa non é precisa debido a estipulacións revisadas no certificado de tipo. Moitos aparellos aínda voan coa modificación.

En 1979, coa compra de oito unidades pola Autoridade Aérea Civil chinesa, o 212 converteuse no primeiro helicóptero estadounidense vendido na República Popular da China.

Bell desenvolveu aínda máis o Model 212 co Bell 412; a principal diferenza é o rotor principal de catro palas de materiais compostos. O derradeiro Bell 212 foi entregado en 1998.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Canada Seeks Helicopter Self Sufficiency". Flight International. Consultado o 8 de novembro de 2018.