Heidi Hautala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHeidi Hautala

(2011) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Oulu, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Eurodeputada
Representa: Liga Verde

2 de xullo de 2019 –

Circunscrición electoral: Finland (en) Traducir

Eurodeputada
Representa: Liga Verde

1 de xullo de 2014 –

Circunscrición electoral: Finland (en) Traducir

Minister for International Development (en) Traducir
22 de xuño de 2011 – 16 de outubro de 2013
← Paavo Väyrynen (en) TraducirPekka Haavisto (pt) Traducir →
Gabinete ministerial: Governo Katainen (pt) Traducir
Eurodeputada
Representa: Liga Verde

14 de xullo de 2009 – 21 de xuño de 2011

Circunscrición electoral: Finland (en) Traducir

Eurodeputada
Representa: Liga Verde

19 de xullo de 1999 – 25 de marzo de 2003

Circunscrición electoral: Finland (en) Traducir

Eurodeputada
Representa: Liga Verde

1 de xaneiro de 1995 – 18 de xullo de 1999

Circunscrición electoral: Finland (en) Traducir
Conselheiro municipal na Finlândia (pt) Traducir

Deputado no Parlamento de Finlandia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaHelsinqui Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Helsinki Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas
Helsinqui Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , xornalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoLiga Verde Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua finesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webheidihautala.fi Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1648184 Facebook: heidi.hautala.5 Twitter: HeidiHautala Youtube: UCEzhRzKGW0pLxMqbYzR0neg Editar o valor em Wikidata

Heidi Hautala, nada o 14 de novembro de 1955 en Oulu, Finlandia, é unha dirixente política ecoloxista finlandesa coñecida pola súa eficiencia, versatilidade e experiencia en políticas verdes e sustentable, centrándose en Dereitos humanos, transparencia, xustiza global e lexislación ambiental responsable.[1][2]

Foi presidenta da Liga Verde (en finés: Vihreä liitto) de 1987 a 1991, e candidata presidencial en 2000 e 2006.

Trala incorporación de Finlandia á Unión Europea en 1995, foi elixida para o Parlamento Europeo en 1996. Posteriormente regresa ao parlamento nacional nas eleccións de 2003, volvendo ser elixida eurodeputada en 2009. Desde xuño de 2011 presidiu a Subcomisión de Dereitos Humanos e posteriormente traballou como ministra de Desenvolvemento Internacional de Finlandia no gabinete de Jyrki Katainen.[3]

En outubro do 2013, Hautala dimitiu do seu cargo declarando publicamente deixar a súa posición como ministra tras admitir ser inexacta e incorrecta en canto á información desvelada en canto ao caso "Arctia Shipping".[4]

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Antes dos seus importantes cargos políticos, Heidi destacou polo seu activismo en diversas áreas como o foi e segue sendo a protección do Medio Ambiente e a permacultura. Creando espazos de diálogo e alternativas de desenvolvemento competitivo e sustentable; desde o "Lendario Kasvis" de Helsinqui (famoso restaurante vexetariano) até a incidencia en políticas públicas como a IRIE, "Initiative and referendum institute Europe" ou a política de desenvolvemento como presidente de KEPA (Centro de Servizo Finlandés para a Cooperación ao Desenvolvemento).[5]

Tamén se induce no xornalismo participando na fundación da revista "Uuden Ajan Aura" (A Aura da Nova era) (1975) e máis tarde en "Suomi" (1982), as cales se converteron en importantes revistas finlandesas de opinión e formación cultural do seu tempo.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Foi líder do Partido Verde finlandés 1987-1991. Posteriormente é nomeada membro do Parlamento Nacional de 1991 a 1995. Trala unión de Finlandia á Unión Europea (UE) en 1995, Hautala é elixida deputada do Parlamento Europeo.

En 1998 a Comisión do Parlamento Europeo sobre os Dereitos das Mulleres e a Igualdade de oportunidades elixiuna como a súa presidenta. Do mesmo xeito que o Consello para a igualdade de xénero de Finlandia (TANE).

Demostrando a súa capacidade en diversos postos de responsabilidade política, foi elixida candidata presidencial no 2000 e 2006. E membro do Parlamento Nacional en 2003. Na primeira rolda das eleccións de 2006, terminou en cuarta posición de oito candidatos con 3,5 % (sendo a cuarta forza máis votada con 105,248 votos) segundo rexistros electorais.[6]

En 2009, foi reelixida novamente como representante no Parlamento Europeo.

Signataria da Declaración do 2010 sobre os Crimes do Comunismo e actual crítica da política establecida por Vladimir Putin, foi membro da Conciliación do Grupo de Historia Europea, Presidenta da Fundación Verde Europea.[7][8][9]

En outubro do 2013, Hautala dimitiu do seu cargo declarando publicamente deixar a súa posición como ministra tras admitir ser inexacta e incorrecta en canto á información desvelada nos seus informes e accións no manexo político da empresa "Arctia Shipping"; mentres esta procedía a iniciar investigacións policiais en contra da organización Greenpeace[10]trala irrupción no Ártico dun buque conformado por activistas de Greenpeace en contra da exploración de gas e petróleo.[11]

Regresou ao Parlamento Europeo en 2014.

Actualmente forma parte do consello asesor da "Caucasian Chamber Orchestra association and its German "Förderverein".

Educación[editar | editar a fonte]

Con estudos e experiencia en política e xestión de desenvolvemento, Hautala á súa vez tamén conta con mestría en Agricultura e Silvicultura.

Libros publicados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Human Rights". European Parliament. Consultado o 8 de novembro de 2015. [Ligazón morta]
  2. Curtin, Deirdre; Wessel, Ramses A. (2005). Good Governance and the European union: Reflections on Concepts, Institutions and Substance. Ius Commune Europaeum (en inglés) 49. Intersentia nv. ISBN 9050953816. 
  3. Curtin, Deirdre; Wessel, Ramses A. (2005). Good Governance and the European union: Reflections on Concepts, Institutions and Substance. Ius Commune reeks (en inglés) 49. Intersentia nv. ISBN 9789050953818. Consultado o 8 de novembro de 2015. 
  4. ""Hautala steps down over Greenpeace furore"". UUTISET. YLE News. 11 de outubro de 2013. Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  5. European Free Alliance, The Greens. "Heidi" (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  6. Information Centre of Finno- Ugric Peoples (2015). "Heidi Annelli Hautala" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  7. "International Conference "Crimes of the Communist Regimes"". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2011. Consultado o 8 de abril de 2011. 
  8. Tisdall, Simon (15 de xuño de 2006). "Putin's shadow falls over Finland". The Guardian (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2015. 
  9. "Human Rights". European Parliament. Consultado o 8 de novembro de 2015. [Ligazón morta]
  10. Suominem, Helli (11 de outubro de 2013). ""Valtion laivayhtiön toimitusjohtajaa uhattiin erottamisella"" (en finés). Helsingin Sanomat. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  11. ""Greenpeace scandal forces Finnish minister's resignation"" (en inglés). RT News. 11 de outubro de 2013. Consultado o 8 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]