Hao Ran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hao Ran
Nacemento1932
Lugar de nacementoHebei
Falecemento20 de febreiro de 2008
NacionalidadeRepública Popular da China
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Hao Ran (浩然, amplo), alcume literario de Liang Jinkuang (梁金广), escritor chinés nado en 1932 e finado o 20 de febreiro de 2008.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia humilde nunha aldea de Tangshan, quedou orfo de pai aos dous anos e a súa nai morreu cando el tiña doce anos. En 1946 entrou no Partido Comunista, comezou a escribir, material de propaganda, en 1949 e en 1950 publicou o seu primeiro relato nunha revista literaria de Hebei. En 1958 publicou o seu primeiro libro, un conxunto de relatos. Traballou en Bandeira Vermella, a revista teórica do PCCh e en 1962 publicou a súa primeira novela, 艳阳天 (O Sol), seguidas por dúas partes máis en 1965. Foi un dos poucos intelectuais que non foi perseguido durante a Revolución Cultural.