Handa (半田市, はんだし, Handa-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte de Tōkai da rexión de Chūbu, e ó suroeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Owari, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 47,24km², a poboación é de 118.535 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 2.510 h/km².