Hafnarfjörður

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 64°04.07′N 21°57.25′O / 64.06783, -21.95417

Hafnarfjörður
Hafnarfjörður Coat of Arms.svg
Hafnarfjörður, Iceland.jpg
Vista da cidade
Localización
Hafnarfjörður en Islandia
Hafnarfjörður
Hafnarfjörður
PaísIslandia Islandia
Distrito electoralSuðvesturkjördæmi
RexiónHöfuðborgarsvæði
CondadoGullbringusýsla
Xeografía
Superficie143 km²
Demografía
Poboación26.099 hab. (2011)
Densidade181,8 hab./km²
Outros datos
Código postal220-221-222
Páxina oficial de Hafnarfjörður

Hafnarfjörður ou Hafnarfjordur ['hapnarˌfjœrðør̥] é unha cidade portuaria situada na costa suroeste de Islandia, a uns 10 km ao sur de Reiquiavik. É a terceira cidade máis poboada de Islandia, despois de Reiquiavik e de Kópavogur, e ten unha poboación de 25.434 habitantes. A poboación de Hafnarfjörður acadou os 25.000 habitantes o 29 de febreiro do 2008.

Ao ser a terceira maior cidade de Islandia, en Hafnarfjörður hai variedade de industrias, de actividades urbanas e celebración de festivais anuais.

Historia[editar | editar a fonte]

Poboación de Hafnarfjörður 1910 - 2008.
1910 1.547
1920 2.366
1930 3.591
1940 3.686
1950 5.087
1960 7.160
1970 9.696
1980 12.205
1990 15.151
2000 19.640
2008 25.107

Hafnarfjörður (que significa Porto do Fiorde) debe o seu nome ao excelente porto natural do seu emprazamento. A cidade é nomeada por primeira vez no Libro dos Asentamentos, e os primeiros informes de viaxes a Hafnarfjörður datan de finais do século XIV.

Os ingleses comezaron comerciar en Hafnarfjörður no século XV, os comerciantes alemáns seguiron aos ingleses e remataron por desprazalos. Desde aquela os comerciantes Hanseáticos prevaleceron na cidade ata 1602, coa súa base en Hvaleyri. Nesa data a monarquía dinamarquesa estableceu un monopolio dinamarqués no comercio en Islandia que duraría ata fins do século XVIII. Durante ese período, Hafnarfjörður foi o centro de comercio máis importante do país.

En 1793 Bjarni Sívertsen asentouse en Hafnarfjörður e fíxose influente nos negocios locais e no comercio internacional, establecendo a principal empresa de pesca comercial. A súa empresa e iniciativa sinala o comezo dun comercio importante na cidade. Desde entón foi chamado “o pai de Hafnarfjörður” e alcumado “Sir Bjarni”. Arredor de 1870 houbo uns cambios dramáticos na pesca islandesa. Os habitantes de Hafnarfjörður seguiron a tendencia crecente en Islandia de usar barcos con cuberta en vez de barcos de remos. Isto conduciu a un maior emprego e un rápido crecemento e Hafnarfjörður adquiriu o status oficial de municipio en 1908.

A primeira estrada entre Reiquiavik e Hafnarfjörður foi rematada en 1898. O primeiro arrastreiro islandés, Coot, estivo atracado en Hafnarfjörður entre 1905 e 1908. A súa zona estaba limitada pola unión de Reykjavíkurvegur, Strandgata e Vesturgata. O seu primeiro alcalde foi Páll Einarsson, quen máis tarde chegou a ser alcalde de Reiquiavik. Un porto para barcos comerciais maiores foi construído en 1912.

Despois da II Guerra Mundial arrastreiros máis modernos e numerosos barcos con motor foron engadidos á frota. O primeiro arrastreiro de popa na cidade apareceu en 1973. Hoxe en día Hafnarfjörður é un dos maiores centros pesqueiros do país e o primeiro mercado maiorista de peixe de Islandia. Ao longo do tempo a dinámica economía local de Hafnarfjörður estivo fortemente vencellada á pesca, aínda que o transporte de mercadorías chegou a ser recentemente a maior actividade portuaria. Actualmente a cidade é o segundo porto de Islandia en importancia de importacións e exportacións.

Cultura[editar | editar a fonte]

Hafnarfjörður está considerada a capital do rock and roll en Islandia (se ben anteriormente era considerada Keflavík), e nela teñen orixe grupos coma Botnleðja, Jet Black Joe, HAM, Sign, Úlpa, Lada Sport e Jakobínarína.

Días Brillantes[editar | editar a fonte]

Cada ano en maio ten lugar o festival do Días Brillantes. Os actos inclúen curtametraxes e concertos e normalmente conclúen cun día en homenaxe aos mariñeiros islandeses.

Festival viquingo[editar | editar a fonte]

No solsticio de verán ten lugar un festival viquingo, iniciado polo pub-restaurante Fjörukráin,no que entusiastas da cultura viquinga de todo o mundo fan reconstrucións da vestimenta viquinga, artesanía, loitas con espadas etc.

Elfos[editar | editar a fonte]

Hafnarfjörður é coñecida por ser un dos máis populares lugares de residencia de elfos en Islandia. A cidade está construída sobre lava e rodeada de grandes montículos, que se cre que son as casas destes seres mitolóxicos. A cultura popular di que é moi difícil e practicamente imposible destruír estas casas. Hai a posibilidade de facer excursións polos arredores de Hafnarfjörður para visitar as casas máis populares dos elfos, e aínda que a crenza nos elfos diminuíu nos últimos tempos seguen a ser moi populares entre os islandeses e os turistas.

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Uppsala (Suecia) e Tartu (Estonia).

Deportes[editar | editar a fonte]

O equipo de fútbol local o FH Hafnarfjörður gañou a Liga de primeira división islandesa tres temporadas consecutivas (2004-2005-2006-2008).

O club de balonmán Haukar Hafnarfjörður gañou a Liga Islandesa de Balonmán no 2007/08 e xoga a Champions League da EHF na temporada 2008/09.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]