Ilulissat
Aparencia
Coord.: 69°13′N 51°06′O / 69.22, -51.1
| Epónimo | Jacob Severin (en) | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| ||||
| Estado | Reino de Dinamarca | |||
| País autónomo | Groenlandia | |||
| Concello | Avannaata | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 4.737 (2022) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 11,25 km² | |||
| Altitude | 2.010 m | |||
| Creación | 1741 | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 3952 | |||
| Prefixo telefónico | 94 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
Ilulissat, antigamente Jakobshavn ou Jacobshaven,[1] é unha vila do concello de Avannaata, no oeste de Groenlandia. Cunha poboación de 4 737 habitantes en 2022, é a vila máis poboada e a capital municipal de Avannaata, así como a terceira cidade por número de habitantes de Groenlandia despois de Nuuk e Sisimiut.[2]
En tradución directa, Ilulissat é a palabra groenlandesa para "icebergs".[3] O fiorde de xeo de Ilulissat é Patrimonio da Humanidade pola UNESCO,[4] e fixo de Ilulissat o destino turístico máis popular de Groenlandia.[5] O turismo é agora a principal actividade económica da vila.
Demografía
[editar | editar a fonte]A poboación aumentou máis dun 8% con respecto aos niveis de 1990, pero mantívose estable dende 2003.
| Gráfica de evolución demográfica de Ilulissat entre 1991 e 2016 |
![]() |
| Fonte:Statistics Greenland.[6] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ i.a., Lieber, Francis & al. Encyclopædia Americana: A Popular Dictionary of Arts, Sciences, Literature, History, Politics and Biography. "Greenland". B.B. Mussey & Co., 1854.
- ↑ Statistical Greenland (ed.). "Population by Localities". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ Qaasuitsup Municipality (ed.). "Ilulissat". Arquivado dende o orixinal o 2 de xuño de 2012. Consultado o 11 de xullo de 2010.
- ↑ "21 World Heritage Sites you have probably never heard of". The Daily Telegraph.
- ↑ Qaasuitsup Municipality (ed.). "Ilulissat Icefjord". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2013. Consultado o 11 de agosto de 2012.
- ↑ Statistics Greenland (ed.). "Statistics Greenland". Consultado o 7 de abril de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ilulissat |
| A Galipedia ten un portal sobre: Groenlandia |


