Saltar ao contido

Keflavík

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Keflavík
 Nome orixinal
    Keflavík (is)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Keflavík (is)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    Keflvíkingur (is)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
314 (1901)
510 (1910)
838 (1930)
1.551 (1940)
2.395 (1950)
4.700 (1960)
5.663 (1970)
6.622 (1980)
7.423 (1989)
8.169 (2007)
16.091 (2013)
16.463 (2017)
15.930 (2018)
23.329 (2023) Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   5 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF157167097 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04df2 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Keflavík é unha das cidades máis poboadas de Islandia, cuns 21 950 habitantes segundo o censo de 2023,[1] e está situada a aproximadamente 40 quilómetros ao sur de Reiquiavik.

Fundada no século XVI, Keflavík desenvolveuse grazas á súa industria pesqueira e do peixe. Nos anos corenta do século XX os Estados Unidos construíron o Aeroporto Internacional de Keflavík, o que axudou á zona a medrar aínda máis. O aeroporto adoitou ter unha importante base militar da OTAN e foi un importante posto de recarga dos antigos voos transoceánicos que necesitaban abastecemento.

Durante a segunda guerra mundial e a guerra fría, a estación aeronáutica de Keflavik xogou un papel moi importante como controlador do trafico mariño e submarino dende os mares de Noruega e de Groenlandia ata o océano Atlántico. Durante a guerra fría engadíronse tropas aéreas dos Estados Unidos para proporcionar control por radar, captación de inimigos, reposición de combustíbel no aire e rescates aéreos e mariños.

  1. "All Urban Settlements (Iceland): Urban Localities in Municipalities". www.citypopulation.de (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]