Guy Mairesse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Guy Mairesse
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of France.svg Francia
Anos en activo 2 (1950-1951)
Escudería(s) Talbot-Lago non oficial
Grandes Premios disputados 3
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Italia de 1950
Derradeiro GP Gran Premio de Francia de 1951


Guy Mairesse, nado en La Capelle o 10 de agosto de 1910 e finado en Montlhéry o 24 de abril de 1954[1] foi un piloto de automobilismo francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou en 3 Grandes Premios do Mundial de Fórmula Un, debutando o 3 de setembro de 1950. Non logrou puntos de campionato.

Mairesse construíu un negocio de transporte entre guerras[2] e interesouse polo deporte do automóbil en 1946 a través da súa amizade co piloto de Le Mans, Paul Vallée.[2] Gañou o Raally Lyon-Charbonnières Rally en 1947[2] e logo comprou o Delahaye de Vallée en 1948, co cal venceu no circuíto urbano de Chimay.[2]

En 1949 Mairesse uniuse ao equipo de Vallée, Ecurie France, para correr no Talbot-lago e quedou cuarto en Pau e no quinto lugar en Albi.[2] En 1950 terminou segundo en Le Mans con Pierre Meyrat usando un Talbot dun só asento. [2] > Cara a finais desta tempada, o equipo de Vallée pechouse e Mairesse comprou o coche de Le Mans e un Talbot-Lago T26C que usou para participar no Gran Premio de Italia de 1950, do que se retirou e nos Grandes Premios de Suíza e Francia en 1951, terminando 11 voltas por detrás e "non clasificado" respectivamente.[1] A partir de entón os seus compromisos comerciais reduciron a súa participación nas carreiras e vendeu os seus automóbiles en 1952 aparecendo con pouca frecuencia nos coches de outros propietarios.[2]

Mairesse morreu na práctica da Copa de París no Autódromo de Linas-Montlhéry en 1954 cando se desviou para evitar outro coche e bateu contra un muro de formigón.


Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Pts
1950 Guy Mairesse Talbot-Lago T26C Talbot 23CV 4.5 L6 GBR MON 500 SUI BEL FRA ITA
Ret
NC 0
1951 Yves Giraud-Cabantous Talbot-Lago T26C Talbot 23CV 4.5 L6 SUI
14
500 BEL FRA
9
GBR ALE ITA ESP NC 0
fonte:[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 239. ISBN 0851127029. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 238. ISBN 0851127029. 
  3. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 239. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]