Gumersindo Pereira Nouche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGumersindo Pereira Nouche
Biografía
Nacemento1892 Editar o valor em Wikidata
Nemenzo, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de abril de 1939 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Gumersindo Pereira Nouche, nado en Nemenzo de Arriba (Nemenzo, Concello da Enfesta) cara a 1892 e finado na Coruña o 25 de abril de 1939,[1] foi un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Cuba. Retornou a principios dos anos vinte e fixou a súa residencia na Coruña. Foi empresario cinematográfico, xestionou o cine Rosalía da Coruña e outras salas como Salón Doré, Salón Victoria, Ideal Cinema e Cine Monelos. Fora da Coruña foi empresario do Cine Rialto do Burgo (Culleredo), o Salón Troche de Ordes e o Cine Capitol de Santa Cruz (Oleiros). Tamén foi dono do Gran Café-Bar Central da Coruña. Foi membro da Irmandade da Fala da Coruña e formou parte da Xunta Directiva do coro coruñés Cántigas da Terra. Pertenceu á loxa masónica coruñesa Pensamiento y Acción nº 11. Foi socio do Casino Republicano da Coruña e do Centro de Estudios Sociales Germinal. Afiliouse a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 non chegou a ser detido.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Luisa Ruíz Carreras e foi pai de Luis, Gumersindo, María Esther e Berta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 26-4-1939, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]