Centro de Estudios Sociales Germinal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Centro de Estudios Sociales Germinal foi unha institución fundada en 1902 por varios grupos de orientación libertaria e federalista da Coruña.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Agrupaba distintas asociacións anarquistas, republicanas e sindicais baixo o principio da convivencia de persoas con diferentes ideas. Entre os seus animadores figuraron membros do grupo anarquista Ni Dios ni Amo como José Sanjurjo Rodríguez e Marcial Lores, republicanos como Eduardo Corral ou federais como Eduardo López Budén. O seu obxectivo era favorecer a educación das clases populares da cidade. Nas súas directivas abundaban sindicalista da CNT de recoñecido prestixio como Juan Nó Iglesias, Benito Couceiro, Manuel Montes Don e Jacinto Méndez, xunto con persoas independentes de ideas progresistas como Luís Huici. O centro colaborou coa Universidade Popular dende 1906, grazas ao labor de intelectuais como Uxío Carré Aldao. Chegou a ter máis de 700 socios e unha biblioteca con máis de 8.000 libros. A institución desapareceu coa sublevación do 18 de xullo de 1936 e os partidarios do alzamento queimaron os seus fondos nas proximidades da Dársena da Coruña.

Entre 1904 e 1905 editou o periódico bimensual Germinal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]