Guan Hanqing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuan Hanqing (關漢卿)
Nome orixinal(zh) 關漢卿 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1241
Zhongdu, Dinastía Jin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1320
Khanbaliq, Dinastía Yuan Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaQ10893963 Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChinesa
Grupo étnicoHan
Actividade
OcupaciónDramaturgo, poeta
Período de actividadeDinastía Yuan
Xénero artísticoSanqu 散曲
LinguaChinés
Obra
Obras destacables

Guan Hanqing (chinés tradicional: 關漢卿; chinés simplificado: 关汉卿; pinyin: Guān Hànqīng; Wade-Giles: Kuan1 Han4-ch'ing1), nado cara ao 1241 e finado no 1320, foi un dramaturgo e poeta chinés da dinastía Yuan.[1][2] Está considerado un dos catro grandes dramaturgos de Yuan, xunto con Bai Renfu, Ma Zhiyuan e Zheng Guangzu.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Guan Hanqing foi un dos máis produtivos e creativos dramaturgos do norte da China. Descrito por Jia Zhongming como "o líder do Xardín das Pereiras" (liyuan lingxiu 梨園領袖), Guan estaba plenamente integrado na escena teatral do seu tempo, polo que era ben coñecido por actores e escritores.[4] Atribúenselle sesenta e oito obras, das cales só nos chegaron dezaoito, tres delas de maneira fragmentaria. Guan redactou os seus textos no vernáculo da súa época, principalmente. Sobre todo, foi recordado para a posteridade polos seus retratos optimistas dos oprimidos.[5]

Ademais de dramaturgo, foi un mestre do xénero poético sanqu 散曲. Conservamos cincuenta e sete das súas cancións (xiaoling 小令) e catorce suites (taoshu 套數).

Guan pasou gran parte dos seus derradeiros anos en Beijing e tamén en Hangzhou, no sur.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Gantian dongdi dou e yuan 感天動地竇娥冤 ("A inxustiza de Dou E, ou Neve en verán").
  • Bao dai zhi san kan hudie meng 包待制三勘蝴蝶夢 ("O soño da bolboreta").

Traducións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Guan Hanqing - Yuan Dynasty, Poet & Playwright - Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2024-01-29. 
  2. Chan, Sin-wai; Pollard, David E. (2001). An Encyclopaedia of Translation: Chinese-English, English-Chinese (en inglés). Chinese University Press. ISBN 978-962-201-997-3. 
  3. "Ma Zhiyuan". en.chinaculture.org. Consultado o 2024-01-29. 
  4. 中国戏曲研究院 (1959). 中國古典戲曲論著集成 (en chinés). 中国戏剧出版社. 
  5. The Columbia Anthology of Yuan Drama. Columbia University Press. 2014. doi:10.7312/hsia12266. 
  6. "Tres dramas chinos. La injusticia contra Dou E, El huérfano del clan de los Zhao, Historia del ala oeste — 窦娥冤; 赵氏孤儿; 西厢记 (Dou'E Yuan; Zhao Shi Gu'Er; Xi Xiang Ji) — La literatura china traducida en España". dtieao.uab.cat. Consultado o 2024-01-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]