Zheng Guangzu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaZheng Guangzu
Biografía
Nacementoc. 1260 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Mortec. 1320 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeDinastía Yuan Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo Editar o valor em Wikidata

Zheng Guangzu (chinés tradicional: 鄭光祖; chinés simplificado: 郑光祖; pinyin: Zhèng Guāngzǔ; Wade-Giles: Cheng4 Kuang1-tsu3), nome de cortesía De Hui 德輝, nado en Pingyang (actual Hongchao, na provincia de Shanxi) no 1260 e finado arredor do 1320, foi un dramaturgo chinés da dinastía Yuan.[1][2] Está considerado un dos catro grandes dramaturgos de Yuan, xunto con Bai Renfu, Guan Hanqing e Ma Zhiyuan.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

Zheng Guangzu foi un dos autores máis celebrados do seu tempo. Viviu durante o segundo período de florecemento do zaju 雜劇, a opera chinesa máis popular da dinastía Yuan, e tamén durante o auxe do sanqu 散曲, un xénero poético que destaca polo seu estilo tonal fixo. Xunto con outros dramaturgos, Zheng favoreceu a recuperación do interese polo zaju no sur da China, particularmente en Hangzhou, onde traballou como funcionario.[2]

Atribúenselle dezaoito dramas, dos cales só se conservan oito. Destacan os seguintes:

  • Zhougong shezheng 周公攝政 ("A rexencia do duque de Zhou").
  • Wang can deng lou 王粲登樓 ("Wang Can ascende a torre").
  • Hanlin Fengyue 翰林風月 ("O vento e a lúa na academia de Hanlin").
  • Qiannü lihun 倩女離魂 ("O espírito de Qiannü abandona o seu corpo").

O último destes títulos, Qiannü lihun, é o máis coñecido do autor.[2] Inspirou multitude de dramas posteriores, especialmente os da dinastía Ming, como Mudan ting 牡丹亭 ("O pavillón das peonias") de Tang Xianzu.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mair, Victor H. (2001). The Columbia History of Chinese Literature (en inglés). Columbia University Press. ISBN 978-0-231-10984-0. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "鄭光祖". 百度百科. Consultado o 2024-01-31. 
  3. "Ma Zhiyuan". en.chinaculture.org. Consultado o 2024-01-31. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]