Gryphaea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gryphaea
Rango fósil: XurásicoEoceno

Cuncha de Gryphaea arcuata, fósil do xurásico
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Subclase: Pteriomorphia
Orde: Ostreida
Superfamilia: Ostreoidea
Familia: Gryphaeidae
Xénero: Gryphaea
Lamarck, 1801
Especie tipo
Gryphaea arcuata Lamarck, 1801 †
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Gryphaea é un xénero de moluscos mariños fósiles da clase dos bivalvos, subclase dos pteriomorfios, orde dos ostreidos, superfamilia dos ostreoides, que é o tipo da familia dos grifeidos.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1801 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck.[1]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente váliddo, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimos:

  • Gryphaea (Africogryphaea) , 1965 † (representación alternativa)
  • Gryphaea (Bilobissa) , 1971 † (representación alternativa)
  • Gryphaea (Gryphaea) Lamarck, 1801 † (representación alternativa)
  • Liogryphaea Fischer, 1886 †

Especies[editar | editar a fonte]

No xénero recoñécense na actualidade as seguintes tres especies:[1]

Características[editar | editar a fonte]

Estas especies, que habitaron entre os períodos Xurásico e Eoceno (entre os 208 e os 36,6 millóns de anos), vivían sobre o solo mariñno, a pouca profundidade, e posibelmente en grandes colonias. Os fósiles de Gryphaea caracterízanse por teren as dúas valvas articuladas e ben diferenciadas: unha valva esaxeradamente curvada, afundida polo seu propio peso na lama mariña, e a outra pequena e plana que tería a función de "tapa". A valva máis grande asentábase sobre o fondo marinño. O animal vivía entre as dúas valvas, como as ostras actuais, a as bandas de crecemento que presentan as dúas valvas son moi características.

Esta forma particular da concha responde á adaptación a un fondo mariño móbil. O rápido crecimiento da valva inferior (esquerda) permitíalle ao animal elevarse sobre as turbulencias do fondo lameiro, e a estabilidade estaba garantida polo grosor desta valva inferior.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Gryphaea Lamarck, 1801 † no WoRMS. Consultado o 27 de agosto de 2022.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gould, Stephen J. (1980): The Evolution of Gryphaea. Arno Press. ISBN 0-4051-2751-0.
  • Douglas S. Jones & Stephen Jay Gould (1999): "Direct measurement of age in fossil Gryphaea: the solution to a classic problem in heterochrony". Paleobiology 25 (2): 158-187.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]