Ostreoides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ostreoidea»)
Ostreoideos
Ostreoidea

Visión exterior e interior das valvas dunha ostra
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Subclase: Pteriomorphia
Orde: Ostreida
Superfamilia: Ostreoidea
Rafinesque, 1815
Familias
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto
valva de Gryphaea arcuata, un grifeido.

A dos ostreoideos (Ostreoidea) é unha superfamilia de moluscos mariños da clase dos bivalvos e subclase dos pteriomorfios.[1]

Os animais que forman parte deste grupo ás veces son coñecidos xenericamente como ostras,[2] e reúnense na actualidade en dúas familias.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A superfamilia foi descrita en 1815 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque-Schmaltz,[1] na súa obra Analyse de la nature or Tableau de l'univers et des corps organisés editada en Palermo.

Sinónimo[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido a superfamilia coñeceuse tamén polo sinónimo:[1]

  • Ostreacea (non aceptado para nome de superfamilia, xa que o sufixo -acea é o propio das familias de vexetais)

Familias[editar | editar a fonte]

Na actualidade (2022) recoñécense na subfamilia as dúas familias seguintes:[1]

Ademais, describíronse tres familias fósiles:[1]

  • Arctostreidae † , Vialov, 1983
  • Chondrodontidae † Freneix, 1960
  • Eligmidae † Gill, 1871

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

As familias dos ostreoideos considerábanse antigamente como parte da subfamilia dos pterioideos (Pterioidea), pero hoxe se clasifícanse dentro de Ostreoidea Rafinesque, 1815 porque son familias de ostras "reais" (incluídas as especies comerciais destinadas ao consumo), mentres que as familias dos Pterioidea comprendes especies de ostras perlíferas tropicais.[3]

Características[editar | editar a fonte]

Os ostreoides caracterízanse pola súa grosa cuncha, composta de aragonitoa e proteínas como a conquiolina, característica de todos os lamelibranquios. As dúas valvas desta gran carcasa, desigual, está fixadas entre si pola valva esquerda, que xeralmente é curvada, cóncava, co extremo anterior máis ou menos enderezado en forma de gancho axial ben desenvolvido.[4][5]. Sábese que as aletas anais existen na familia dos ostreidos, pero non nos grifeidos máis primitivos.[6] A cicatriz do músculo adutor é simple, cunha marca central única.[7] Na maioría das especies, a valva dereita é menos convexa que a esquerda.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Ostreoidea Rafinesque, 1815 no WoRMS. Consultado o 27 de agosto de 2022.
  2. G. M. Barker (2004). Natural Enemies of Terrestrial Molluscs. CABI. p. 326. ISBN 978-0-85199-061-3. Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  3. Tëmkin, Ilya (2010). "Molecular phylogeny of pearl oysters and their relatives (mollusca, bivalvia, pterioidea)". BMC Evolutionary Biology 10 (342): 1471–2148. PMC 3271234. PMID 21059254. doi:10.1186/1471-2148-10-342. 
  4. Elizabeth Harper; John David Taylor; J. Alistair Crame (2000). The Evolutionary Biology of the Bivalvia. Geological Society of London. p. 175. ISBN 978-1-8623-9076-8. 
  5. Gilbert Ranson, Gilbert (1943): La vie des huîtres, 10ª edición. París: Gallimard.
  6. Norman Dennis Newell (1998). Bivalves: an eon of evolution : paleobiological studies honoring Norman D. Newell. University of Calgary. p. 28. ISBN 978-1-5523-8005-5. 
  7. Eugene V. Coan; Paul Valentich Scott; F. R. Bernard (2000). Bivalve seashells of western North America: marine bivalve mollusks from Arctic Alaska to Baja California. Santa Barbara Museum of Natural History. p. 52. ISBN 978-0-9364-9430-2. 
  8. Ashraf M.T. Elewa (9 de xuño 2010). Morphometrics for Nonmorphometricians. Springer Science & Business Media. p. 163. ISBN 978-3-5409-5852-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bieler R., Carter J. G. & Coan E. V. (2010): 'Classification of Bivalve families', pp. 113-133. En: Bouchet P. & Rocroi J.-P., "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184.
  • Carter, J. G. et al. (2011): "A Synoptical Classification of the Bivalvia (Mollusca)". University of Kansas Paleontological Institute Paleontological Contributions 4: 1-47.
  • Gofas, S.; Le Renard, J. & Bouchet, P. (2001): "Mollusca". En: Costello, M. J. et al. (eds), European Register of Marine Species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Patrimoines Naturels. 50: 180-213. ISBN 2-8565-3538-0.
  • Harry H. W. (1985): "Synopsis of the supraspecific classification of living oysters (Bivalvia: Gryphaeidae and Ostreidae)". The Veliger 28: 121-158.
  • Koppka, J. (2015): "Revision of the Bivalvia from the Upper Jurassic Reuchenette Formation, Northwest Switzerland—Ostreoidea". Zootaxa 3927 (1): 1–117.
  • Vaught, K. C.; Tucker Abbott, R. & Boss, K. J. (1989): A classification of the living Mollusca. Melbourne: American Malacologists. ISBN 0-9158-2622-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]