Gryphaea arcuata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gryphaea arcuata
Rango fósil: HettanxianoBaxociano


Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Subclase: Pteriomorphia
Orde: Ostreida
Superfamilia: Ostreoidea
Familia: Gryphaeidae
Xénero: Gryphaea
Especie: G. arcuata
Nome binomial
Gryphaea arcuata
Lamarck, 1801

Gryphaea arcuata é unha especie extinta de moluscos mariños da clase dos bivalvos, subclase dos pteriomorfios, orde dos ostreidos, superfamilia dos ostreoides, unha das tres incluídas na familia dos grifeidos, da que é a súa especie tipo.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1801 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck.[2]

Características[editar | editar a fonte]

Es un molusco bivalvo de cuncha non equivalva, subequilátera ao plano da comisura. É de tipo monomiario, e ten unha bisagra disodonta e unha área de ligamento estriada. A valva esquerda presenta liñas de crecemento a miúdo claramente visíbeis, é moi empenada e está curvada como un gancho ou garra, e a dereita é plana e pequena, en forma de opérculo.

A valva máis grande asentábase sobre o fondo mariño. O animal vivía entre as dúas valvas, como as ostras actuais, a as liñas de crecemento que presentan as dúas valvas son moi características. A pequena é plana e tería a función de "tapa"

Rexistro fósil[editar | editar a fonte]

Os fósiles rexistrados datan do Xurásico temperán de Europa, encontrados en sedimentos entre os pisos Hettanxiano e Baxociano (entre 196,5 e 183,0 Ma).[3]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

No folclore inglés chámase comunmente a devils toenail (a uña do pé do diaño) debido á súa suposta semellanza coa "pezuña fendida" do diaño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gryphaea Lamarck, 1801 † no WoRMS. Consultado o 28 de agosto de 2022.
  2. Gryphaea arcuata Lamarck, 1801 † no WoRMS. Consultado o 28 de agosto de 2022.
  3. † Gryphaea arcuata Lamarck 1801 Arquivado 13 de decembro de 2021 en Wayback Machine. en Fossilworks.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]