Prong
| Prong | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Prong é unha banda estadounidense de heavy metal formada en 1986 polo baixista Mike Kirkland e o guitarrista Tommy Victor, o único membro constante do grupo. Ata a data Prong leva publicados doce álbums de estudio (incluído un álbum de versións), un álbum ao vivo, catro EPs, un DVD e un álbum de remesturas.
Prong tivo dous lanzamentos independentes, Primitive Origins (1987) e Force Fed (1989), que chamaron a atención de Epic Records, selo co cal ficharon en 1989. Os seus primeiros dous álbums con Epic, Beg to Differ (1990) e Prove You Wrong (1991), tiveron boas críticas e chamou a atanción do progama Headbangers Ball da MTV.[1] O seu álbum de 1994 Cleansing tamén foi exitoso,[2] e incluía unha das súas cancións máis coñecidas, "Snap Your Fingers, Snap Your Neck". Tras publicar un álbum máis en 1996, Rude Awakening, Prong separouse en 1997 pero reformouse en 2002 e continúa tocando e gravando dende entón.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Force Fed | 1989 | Spigot |
| Beg to Differ | 1990 | Epic Records |
| Prove You Wrong | 1991 | Epic Records |
| Cleansing | 1994 | Epic Records |
| Rude Awakening | 1996 | Epic Records |
| Scorpio Rising | 2003 | Locomotive Music |
| Power of the Damager | 2007 | 13th Planet Records |
| Carved Into Stone | 2012 | Long Branch Records |
| Ruining Lives | 2014 | Steamhammer/SPV |
| Songs from the Black Hole | 2015 | Steamhammer/SPV |
| X (No Absolutes) | 2016 | Steamhammer/SPV |
| Zero Days | 2017 | Steamhammer/SPV |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Prong | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-07-09.