Alien Weaponry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alien Weaponry
OrixeWaipu, Nova Zelandia Nova Zelandia
Período2010 - presente
Xénero(s)
Selo(s) discográfico(s)Napalm Records
MembrosLewis de Jong
Henry de Jong
Ethan Trembath
Na rede
Páxina oficial
Facebook: AlienWeaponry Twitter: AlienWeaponry Instagram: alienweaponry Youtube: UC0NV5iRVirkMhR9XJbZoePQ TikTok: officialalienweaponry Bandcamp: alienweaponry Spotify: 2vov4zolAP7zbIhB5CsIPm iTunes: 1176978771 Last fm: Alien+Weaponry Musicbrainz: d3112057-2475-4eb7-8853-503204761d15 Discogs: 6224616 Allmusic: mn0003727199 Deezer: 11390680 Editar o valor em Wikidata

Alien Weaponry é un grupo musical de thrash metal orixinario de Waipu, Nova Zelandia, formado no ano 2010 polos irmáns Henry e Lewis de Jong. A banda está formado por Lewis de Jong (guitarra e voz), Henry de Jong (batería) e Ethan Trembath (baixo).

Discografía[editar | editar a fonte]

Estilo musical e letras[editar | editar a fonte]

O primeiro sinxelo de Alien Weaponry, "Urutaa", está cantada parcialmente en lingua maorí e orixinalmente tratábase dun choque de ideas e expectativas que conducían ó estrés e a infelicidade, que se comparaba cunha praga ou urutaa. A letra maorí refírese ós eventos ocorridos na Baía das Illas en 1800 e o que seguiu despois de que un reloxo de peto caese inadvertidamente no porto. O malentendido culminou no masacre de Boyd, uns eventos reais da historia colonial de Nova Zelandia. Segundo o grupo "este incidente é empregado na canción como unha metáfora dos malentendidos que seguen a plagarnos hoxe en día..."

O segundo sinxelo do grupo, "Raupatu" (estreado en febreiro de 2017) é sobre as confiscacións de terra do goberno de Nova Zelandia en 1800 e a inxusta lexislación de 1863 que permitiu que isto ocorrese. O seu terceiro sinxelo, "Rū Ana te Whenua", estreado o 1 de xullo de 2017, refírese á batalla en Pukehinahina/Gate Pa en 1864 onde o seu tatara tatara tatara avó, Te Ahoaho, perdeu a vida.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ashley Westerman (5 de decembro de 2017). "This New Zealand Band Is Trying To Save Maori Culture One Head Banger At A Time". NPR. Consultado o 6 de decembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.