Galera (barco)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Representación dunha galera

Galera pode designar calquera tipo de navío movido a remos. Algunhas variacións posúen mastros e velas para auxiliar a propulsión; eran navíos moi usados no Mediterráneo.

A orixe do vocábulo é escuro, procede do grego medieval γαλέα [galéa], talvez relacionado con galeos.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Representación artística dunha frota de galeras de guerra da Grecia antiga.

Algunhas fontes definen con máis precisión o que é unha galera: un tipo de veleiro de tres ou máis mastros e vela redonda,[2] en todos eles, movida a remos ou a vela. Longa e de baixo bordo, este navío servía tanto a mariña de guerra, como a mercante.[3]

Galeotes[editar | editar a fonte]

Galera con mastros e velas

Galeote é o nome que se lle daba aos remeiros das galeras como condenado ou como cativo.[4]

Contrariamente á crenza xeneralizada, non se empregaban escravos como remeiros nas galeras, nin polos bizantinos nin polos árabes, nin sequera polos seus predecesores romanos e gregos.[5] Ao longo da existencia do imperio, as tripulacións bizantinas eran maioritariamente constituídas por homes nacidos libres de clases baixas, que eran soldados profesionais, obrigados por lei a prestar servizo militar (strateia) en troca de pagamento ou terras.

Os pagamentos eran dúas a tres libras (0,91 a 1,4 kg) de ouro.[6] No entanto, tamén se empregaban estranxeiros prisioneiros de guerra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Henry George Liddell & Robert Scott nao/text?doc=Perseus%3Atext%3A1999.04.0057%3Aentry%3Dgaleo%2Fs Galeos, A Greek-English Lexicon
  2. "Navio-escola Pedro Nunes". Revista da Armada. Arquivado dende o orixinal o 2008-05-14. Consultado o 2010-12-14. 
  3. Dicionário Enciclopédico Koogan-Larousse-Seleções
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galeote.
  5. Casson 1991, p. 188
  6. Haldon 1999, p. 267

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Casson, Lionel, The Ancient Mariners: Seafarers and Sea Fighters of the Mediterranean in Ancient Times Princeton University Press, Princeton, NJ. 1991. ISBN 0-691-06836-4
  • Haldon, John (1999). Warfare, State and Society in the Byzantine World. Londres: UCL Press. ISBN 1-85728-495-X

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]