Graciano Leivas Freire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Graciano Leivas Freire
Nacemento1909
 Mondoñedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Graciano Leivas Freire, nado en Mondoñedo en 1909, foi un mecánico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Graciano Leivas Gallego, fundador dos Talleres Leivas. Militante socialista, na República foi tesoureiro da Agrupación Socialista de Mondoñedo (1932) e en 1936 secretario da mesma, que presidía Luís Trigo Chao. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Mondoñedo o 8 de agosto. Permaneceu no cárcere de Mondoñedo até o 3 de setembro de 1937, cando foi trasladado á Coruña. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión o 10 de abril de 1938 con José Sánchez Gacio, José Ramón Villamarín Pallín, Eloy Castro Dorrego, Guillermo Otero Villalba, Alfredo Martínez Martínez, Germán Fanego Salaverri, Patricio Vijande Villar, Constantino Sánchez Gacio e Emilio González Valoria, foi condenado a cadea perpetua.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]