José Sánchez Gacio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Sánchez Gacio

Escudo Diputación de Lugo.svg
Presidente da Deputación de Lugo
1932 – 1932
Precedido por  ?
Sucedido por  ?

26 de febreiro de 1936 – 10 de abril de 1936
Precedido por José Cobreros de la Barrera
Sucedido por Francisco Pérez Carballo

Datos persoais
Nacemento 1898
Mondoñedo, Galicia
Falecemento 23 de novembro de 1980
Mondoñedo, Galicia
Partido ORGA, Izquierda Republicana
Profesión Avogado, político

José Sánchez Gacio, nado en Mondoñedo en 1898 e finado na mesma cidade o 23 de novembro de 1980, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato en Lugo e dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Na República foi elixido concelleiro de Mondoñedo en 1931 pola ORGA. Foi presidente da Deputación de Lugo (1932). En outubro de 1934 foi cesado como concelleiro como consecuencia da folga xeral revolucionaria de 1934 e reposto en xaneiro de 1936. Integrouse en Izquierda Republicana e foi nomeado gobernador civil da Coruña (do 26 de febreiro ao 10 de abril de 1936). En xuño de 1936 era deputado provincial en representación de Izquierda Republicana, e vicepresidente do comité local Pro-Autonomía. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en agosto. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión o 10 de abril de 1937, foi condenado a pena de morte, a sentenza foi conmutada a cadea perpetua. Finalmente foi deportado a Zamora.


Predecesor:
?
 Escudo Diputación de Lugo.svg
Presidente da deputación de Lugo
 
1932
Sucesor:
?

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Alicia Gómez Real, e foi pai de Talía e Silvia Sánchez Gómez.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]