Guillermo Otero Villalba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Guillermo Otero Villalba, coñecido como Albariño, nado en Mondoñedo en 1896, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi Xuíz municipal de Mondoñedo (1930-1933). Na República militou en Izquierda Republicana da que foi secretario en 1935. Foi elixido compromisario para elección do presidente República en abril de 1936. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido en agosto. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión en abril de 1938, foi condenado a pena de morte, a sentenza foi conmutada a cadea perpetua.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]