José Mateo Mariñas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de setembro de 1918 (105 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , político |
José Mateo Mariñas Ferrero, nado o 8 de setembro de 1918, foi un xornalista e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Incorporouse ao PSOE en 1935. Nos anos corenta residía en Lugo e foi o contacto do partido para organizar a Federación Provincial do PSOE de Lugo, con Manuel Cobas Rodríguez, Luis Fernández del Valle, Graciano Leivas Freire, Antonio Vidal Vilas e outros. Acusados de rebelión, Cobas, Mariñas e Vidal foron condenados a seis meses e un día, e Luis foi condenado a nove meses de prisión. En 1949 foi nomeado correspondente en España do semanario mexicano Claridad e trasladouse a Madrid.[1] Dende xullo de 1949 enviou crónicas de Madrid para El Progreso.[2] Foi crítico taurino. Restablecida a democracia formou parte da Agrupación Socialista de Chamartín (Madrid). Traballou como xornalista en TVE. Foi elixido vicepresidente da Unión de Periodistas en abril de 1978.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Progreso, 28-4-1949, p. 2.
- ↑ El Progreso, 7-7-1949, p. 4.
- ↑ Elegida la junta directiva de la Unión de Periodistas