Luis Fernández del Valle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis Fernández del Valle
Biografía
Nacemento1918 Editar o valor em Wikidata (105/106 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Luis Fernández del Valle, nado en Madrid cara a 1918, foi un político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro da UGT e afiliado á Juventud Socialista de Madrid dende 1935. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Barcelona nos preparativos da Olimpiada Obreira. Regresou a Madrid incorporándose ao Batallón de Izquierda Federal. Despois foi axente do Servizo de Información Militar (SIM) e capitán de Infantaría. Ao rematar a guerra foi detido en abril de 1939 e condenado en consello de guerra a 12 anos de reclusión. Preso en Elx e no cárcere de Porlier dende o 3 de xullo de 1940 ata o 9 de novembro de 1942.[1] Logo de saír en liberdade condicional residiu en Langreu onde sufriu varias detencións. Foi o responsable da organización da Federación Provincial do PSOE de Lugo nos anos corenta, seguindo as directrices procedentes de Madrid, con Manuel Cobas Rodríguez, José Mateo Mariñas Ferrero, Graciano Leivas Freire, Antonio Vidal Vilas e outros. Acusados de rebelión, Cobas, Mariñas e Vidal foron condenados a seis meses e un día, e Luis foi condenado a nove meses de prisión. Estivo no cárcere de Langreu do 23 ao 29 de xullo de 1945 e despois na prisión da Coruña ata o 21 de decembro. Reingresou no cárcere de Langreu o 10 de xaneiro, onde permaneceu ata o 25 de maio de 1946 e novamente detido o 26 de xullo en Langreu pasou á prisión de Guadalaxara o 11 de agosto dese ano saíndo en liberdade condicional o 25 de xaneiro de 1947.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]