Germán Fanego Salaverri
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1884 (139/140 anos) Mondoñedo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Germán Fanego Salaverri, nado en Mondoñedo en 1884, foi un médico e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1905). Foi médico forense de Mondoñedo. Na República militou en Izquierda Republicana da que foi elixido presidente da agrupación municipal de Mondoñedo en 1935. En abril de 1936 foi nomeado médico forense do Xulgado de Vitoria. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en agosto. Xulgado na Coruña por adhesión á rebelión o 10 de abril de 1938 con José Sánchez Gacio, José Ramón Villamarín Pallín, Eloy Castro Dorrego, Guillermo Otero Villalba, Alfredo Martínez Martínez, Graciano Leivas Freire, Patricio Vijande Villar, Constantino Sánchez Gacio e Emilio González Valoria, foi condenado a 6 anos e un día.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pedreira, Ricardo (2006). Consejo de Guerra por Rebelión Militar. Mindonienses condenados en 1937. Mondoñedo: Asociación Amigos da Cidade de Mondoñedo.