Congro bocadoce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gnathophis mystax»)
Congro bocadoce
Congro doce
Gnathophis nystax
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Elopomorpha
Orde: Anguilliformes
Suborde: Congroidei
Familia: Congridae
Subfamilia: Congrinae
Xénero: Gnathophis
Especie: G. mystax
Nome binomial
Gnathophis mystax
(Delaroche, 1809) [1]
Sinonimia
Referencia:[2]
  • Ariosoma mystax (Delaroche, 1809)
  • Bathycongrus mystax(Delaroche, 1809)
  • Conger mystax (Delaroche, 1809)
  • Congermuraena mystax (Delaroche, 1809)
  • Congromuraena mystax (Delaroche, 1809) [3]
  • Muraena mystax Delaroche, 1809

O congro bocadoce, ou congro doce,[4] Gnathophis mystax (Delaroche, 1809), é unha especie de peixe angüiliforme da familia dos cóngridos, subfamilia dos congrinos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1809 polo médico e ictiólogo suízo residente en Francia François-Étienne de La Roche (coñecido en ciencia como Delaroche), co nome de Muraena mystax. Posteriormente foi reclasificada no xénero Gnathophis, como Gnathophis mystax, que hoxe en día é a denominación válida admitida polos ictiólogos de toda a comunidade científica.[2]

Características[editar | editar a fonte]

  • Pode chegar a medir 60 cm de lonxitude màxima, aínda que normalmente os exemplares capturados roldan os 35 cm.[5][6]

Hábitat[editar | editar a fonte]

É un peixe mariño, demersal e propio das augas tropicais e subtropicais (46°N-30°N, 18°W-36°E), que vive entre os 80 e os 800 m de profundidade no noiro continental.[5]

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Encóntrase preto das costas do océano Atlántico oriental, desde o sur de Portugal até Marrocos) e o mar Mediterráneo.[5]

Alimentación[editar | editar a fonte]

O congro doce aliméntase de invertebrados bentónicps e, probabelmente tamén de pequenos [[peixes].[5] m[7]

Pesca[editar | editar a fonte]

O congro de bocadoce péscase activamente nas costas da parte meridional do océano Atlántico noroocidental (especialmente en Portugal, Marrocos e en todo o Mediterráneo).[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Delaroche, F. E. (1809): "Suite du mémoire sur les espèces de poissons observées à Iviça. Observations sur quelques-uns des poissons indiqués dans le précédent tableau et descriptions des espèces nouvelles ou peu connues". Annales du Muséum d'Histoire Naturelle, París, 13: 313-361, Pls. 20-25.
  2. 2,0 2,1 Gnathophis mystax (Delaroche, 1809) no WoRMS.
  3. Incorrecto gramaticalmente.
  4. 4,0 4,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 103.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gnathophis mystax en FishBase]
  6. Bauchot, M. L. [1987): "Poissons osseux". p. 891-1421, en W. Fischer, M. L. Bauchot & M. Schneider (eds.) Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37. Vol. II. Commission des Communautés Européennes e FAO, Roma.
  7. Casadevall, M. & J. Matallanas (1990): "Feeding habits of Gnathophis mystax (Delaroche, 1809), (Anguilliforme], Congridae) in the western Mediterranean". J. Fish Biol. 37 (5): 827-829.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Anónimo (2001): "Base de datos da colección de peixes" do National Museum of Natural History (Smithsonian Institution). Smithsonian Institution - Division of Fishes.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Sanches, J. G. (1989): Nomenclatura Portuguesa de organismos aquáticos (proposta para normalizaçao estatística). Publicaçoes avulsas do I.N.I.P. Núm. 14. 322 p.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]