Glutón
Aparencia
Glutón | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Distribución do glutón
|
O glutón[2][3] (Gulo gulo) é un mamífero pertencente á familia dos mustélidos.
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dun animal cunha lonxitude que oscila entre os 70 e 90 centímetros. O seu peso pode variar entre os 10 e 20 quilogramos. É a especie meirande dentro dos mustélidos. Semella un pequeno oso pardo, co rabo denso e as patas moi longas. É unha especie solitaria que vive en grandes extensións, sen un lugar permanente de residencia. A súa alimentación é omnívora: dende bagas ata paxaros, lemmings ou lebres. Tamén depreda especies meirandes coma o cervo ou o reno, mais unicamente os individuos enfermos ou envellecidos. En ausencia de caza pode alimentarse de calaza.
Distribución
[editar | editar a fonte]Por toda a zona de tundra e taiga en Eurasia. Tamén presente no Canadá e Alasca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Abramov, A., Belant, J. & Wozencraft, C. (2009). "Gulo gulo". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 28 de maio de 2012.
- ↑ "glutón". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 18/10/2018. Consultado o 18/10/2018.
- ↑ Denominación proposta polo Servizo de Normalización Lingüística da USC, https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Glutón |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Glutón |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gran Guía de la naturaleza: Mamíferos. Helga Hofmann, Editorial Everest (en castelán).