Gloria Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gloria Lago
Conferencia de Galicia Bilingüe en Vigo.jpg
Nome completoMaría Gloria Lago Cuadrado
Nacementoséculo XX
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfilóloga, mestra, autora e política
editar datos en Wikidata ]

María Gloria Lago Cuadrado é unha profesora galega, presidenta e voceira da asociación Galicia Bilingüe e da plataforma Hablamos español[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Román Lago Álvarez e neta de Román Lago Cabral, dous dos principais procesados polo caso do metílico, en 2009 publicou El reloj de cuco, unha historia novelada da vida da familia Lago e do proceso xudicial, nun intento de vindicar a imaxe da familia. Na súa mocidade militou en Coalición Galega[2]. É profesora de inglés nun instituto de Vigo[3]. Coñecida por ser a presidenta e voceira de Galicia Bilingüe, asociación que fundou en xullo de 2007.[4]

Polémicas[editar | editar a fonte]

Gloria Lago é coñecida por defender abertamente a partidos e asociacións de corte españolista, defensores da unidade de España e contrarios ás manifestacións culturais e lingüísticas periféricas. No ano 2011 insinuou que o PPdeG ofrecéralle un posto na lista ás eleccións galegas de 2012, cun escano asegurado.[4] Dous anos máis tarde valorou entrar en política, e soaron os nomes do PPdG e de UPyD como posibles destinos da viguesa.[2] Porén, non rematou en ningún destes partidos.

No ano 2014 cualificou de xenófobo a Castelao no seu blog persoal, e aos seus defensores de "talibáns galaicos".[5] Na mesma publicación atacou a referencia a que as "linguas co-oficiais deban ser obxecto de especial respecto e protección", pronunciada por Filipe VI no seu discurso de proclamación.[6]

En novembro de 2014 foi a encargada de ler o manifesto Libres e iguales en Vigo, en contra da consulta soberanista catalá, que calificou de "agresión á democracia" e de "mutila-los seus dereitos". A concentración reuníu a unhas 20 persoas.[7]

No mesmo mes comezou a campaña "Adopta un topónimo español", atacando a Lei de normalización lingüística, aprobada por unanimidade en 1983, e que establecía a oficialidade dos topónimos en galego.[8]

En xaneiro de 2015 definiu ao Apalpador coma un guarrillo pederasta (porquiño pederasta) no seu blog.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]