A súa característica exterior máis notábel é o gran desenvolvemento dos incisivos: perderon os primeriros incisivos superiores e inferiores, os terceiros incisivos inferiores, os caninos e os primeiros premolares. Os segundos incisivos tamén desapareceron, pero no seu lugar teñen grandes segundos incisivos de leite de crecemento continuo. A súa dentición mostra polo tanto un grande espazo baleiro entre os incisivos e os segundos premolares: o diastema.
A hipótese de que estes animaais constitúen un grupo monofilético foi longamente debatida sobre a base de evidencias morfolóxicas, e estudos morfológicos recentes apoian a monofilia dos gliros.[4][5] En particular, o descubrimento de novo material fósil de membros basais dos gliros, especialmente dos xéneros Mimotona, Gomphos, Heomys, Matutinia, Rhombomylus e Sinomylus, ayudou a pechar a brecha entre os roedores máis típicos e os lagomorfos.[5][6] Datos baseados no ADN nuclear respaldan que Glires é un grupo irmán de Euarchonta, para formaren Euarchontoglires,[7][8] pero algúns datos xenéticos tanto do ADN nuclear como do ADN mitocondrial foron menos favorábeis.[9] Un estudo que investigou os datos de ausencia de retrotransposóns respalda de maneira inequívoca a hipótese de Glires.[10] Estudos recientes sitúan a Scandentia como irmán dos Glires, invalidando a Euarchonta.[11][12]
Meng, J.; Hu, Y. & Li, C. (2003). "The osteology of Rhombomylus (Mammalia, Glires): implications for phylogeny and evolution of Glires". Bull. Am. Mus. Nat. Hist.275: 1–247. doi:10.1206/0003-0090(2003)275<0001:TOORMG>2.0.CO;2.
Meng, J. & Wyss, A. R. (2001). "The morphology of Tribosphenomys (Rodentiaformes, Mammalia): phylogenetic implications for basal Glires". J. Mammal. Evol.8 (1): 1–71. doi:10.1023/A:1011328616715.